Medio Ambiente
Nesta tempada os percorridos medioambientais escomezan coa clásica travesía entre o Monte Galiñeiro e o Monte Aloia, nunha xornada de día completa para disfroitar dun espazo de especial interese medioambiental.
Unha vez arrancada a programación, abordarase un percorrido en tres etapas entre Moaña e Vigo, pasando por algúns dos enclaves máis destacados da enseada da Ría de Vigo: a fraga de Moaña, as salinas de Vilaboa, un tramo da senda da Auga entre Chapela e Vigo, e o Monte de A Guía.
Por último, para rematar a tempada, realizaranse catro dos sendeiros locais creados ou en proceso de creación arredor do GR-53 (Sendeiro panorámico de Vigo): o de Zamáns, o de Coruxo, o de Bembrive-Beade e o de Candeán.
Saída: 9:30 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:00
Retorno (estimado): entre 13:30 e 14:30, na Praza do Rei.
Grupo: de ata 300 persoas.
Transporte: por conta dos usuarios/as
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
Lugar de recollida do ticket de viaxe: ao ter concedida a praza, na Casa da Xuventude (López Mora 31), ata o xoves as 20:00h. Os percorridos gratuítos, no momento de coller o autobús na Praza do Rei.
* Xornada de día completo con retorno entre 18:00 e 19:00. Achega 7 euros. Desprazamento: autobús discrecional. Menores de 12 anos: 50% da achega.
** Xornada de mañá. Achega 3 euros. Desprazamento: autobús discrecional. Menores de 12 anos: 50% da achega.
*** Xornada de mañá. Gratuíto. Desprazamento: autobús urbano.
A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo.
Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frontes: conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais, conservación nas Illas Cíes e actuacións nos programas de voluntariado de Vigozoo. A finais de 2013 engadíronse dúas liñas de actuación novas: voluntariado nas hortas urbanas de Vigo e voluntariado para o mantemento dos sendeiros no termo municipal de Vigo.
Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (ver apartado cursos).
As persoas voluntarias que xa participan en actuacións de voluntariado xa coñecen a dinámica de convocatoria (habitualmente vía correo electrónico e/ou blog). Os novos participantes, que teñen que ter asinado o acordo de voluntariado do Concello de Vigo, pódense inscribir en accións tanto nos propios cursos como na Casa da Xuventude.
Máis información sobre os requisitos para participar e as actividades abertas en todo momento pódense consultar na solapa "Voluntariado CaC" de caminoacaminovigo.blogspot.com.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100