Nota da organización: Debido á gran variedade de rutas novas, tanto dentro como fora do municipio, o equipo técnico que as deseña subirá a este espazo de xeito paulatino os horarios de convocatoria e finalización de cada actividade, polo que recomendamos consultar a información actualizada semanalmente.
Recomendación xeral aos participantes: É moi importante que todos asistan ás actividades equipados con roupa adaptada ás inclemencias climatolóxicas previstas para a xornada, en especial si se prevé choiva e/ou frío. como norma xeral, é preferible levar botas e bastóns de camiñar en todas as rutas.
27 de febreiro:
- Ruta completa da Auga, etapa 1: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:15 horas para sair nos autocares ás 09:30 ata a saída da ruta nas instalacións de Aqualia na rúa Cantabria. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 14:30 a as 15:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
6 de marzo:
- Ruta completa da Auga, etapa 2: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:15 horas para sair nos autocares ás 09:30 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 14:30 a as 15:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
13 de marzo:
- Ruta completa da Auga, etapa 3: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:15 horas para sair nos autocares ás 09:30 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 14:30 a as 15:00 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
20 de marzo:
- Ruta pola Serra do Suído-Foxo do Lobo: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 9:00 horas para sair nos autocares ás 09:15 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio aproximadamente ás 15:00 horas, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
Polas especiais características desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
- Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns 7 ao venres 11 de marzo.
- Inscrición presencial e reunión informativa no auditorio de Vigozoo o martes 15 de marzo, ás 20 horas. Nesta reunión exclusiva para os participantes preinscritos, explicaranse os criterios de protección do medio que se vai visitar, ademáis da equipación necesaria e os trámites para abonar a parte da viaxe non subvencionada polo Concello de Vigo (5 euros).
- Archivo para ver a ruta desde Google Earth.
- Inicio e finalización: Bustelos.
- Distancia aproximada: 12 km
- Duración aproximada: 4 horas.
- Intensidade: Alta
- Recomendacións: levar botas e bastóns de camiñar. Ruta non apta para persoas con movilidade reducida.
26 de marzo:
- Ruta nocturna Lagoa Mol-Madroa: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 20:45 horas para sair nos autocares ás 21:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 00:00 e as 00:30 horas aproximadamente, dependendo da climatoloxía e o ritmo do grupo.
- Archivo para ver a ruta desde Google Earth
- Distancia: 6,5 km
- Duración aproximada: 1:45 horas.
- Lúa: Menguante (63%) / Atardecer: 19:50 horas.
- Importante: todos os participantes deberán levar consigo unha lanterna, un chaleco, bastón e botas de camiñar.
27 de marzo:
- Visita nº 1 ás Covas do Rei Cintolo: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 8:00 horas para sair nos autocares ás 08:15 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 20:30 e 21:00 horas aproximadamente, debido á lonxitude e tempo da viaxe de ida e volta a Mondoñedo.
Polas especiais características desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
- Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns 14 ao venres 18 de marzo.
- Inscrición presencial e reunión informativa no auditorio Municipal do Areal o martes 22 de marzo, ás 20 horas. Nesta reunión exclusiva para os participantes preinscritos, explicaranse as especiais características desta, ademáis da equipación necesaria e os trámites para abonar a parte da viaxe non subvencionada polo Concello de Vigo (12 euros).
3 de abril:
- Visita nº 2 ás Covas do Rei Cintolo: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 8:00 horas para sair nos autocares ás 08:15 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 20:30 e 21:00 horas aproximadamente, debido á lonxitude e tempo da viaxe de ida e volta a Mondoñedo.
Polas especiais características desta ruta, a inscrición precisa dos seguintes trámites previos:
- Preinscrición telefónica no servicio de atención ao cidadán 010, dende o luns 21 ao venres 25 de marzo.
- Inscrición presencial e reunión informativa no auditorio Municipal do Areal o martes 29 de marzo, ás 20 horas. Nesta reunión exclusiva para os participantes preinscritos, explicaranse as especiais características desta, ademáis da equipación necesaria e os trámites para abonar a parte da viaxe non subvencionada polo Concello de Vigo (12 euros).
- Ruta de xornada completa ao Monte Aloia: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 09:45 horas para sair nos autocares ás 10:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 17:00 e 18:00 horas aproximadamentes, debido á lonxitude da ruta e o tempo de parada para xantar.
- Inicio: Polígono de A Pasaxe
- Finalización: Monte Aloia
- Distancia aproximada: 12,7 km
- Duración aproximada: 4 horas.
- Intensidade: Media / Alta
- Recomendacións: Levar botas e bastóns de camiñar. Ruta non apta para persoas con movilidade reducida.
10 de abril:
- Visita nº 3 ás Covas do Rei Cintolo: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 8:00 horas para sair nos autocares ás 08:15 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 20:30 e 21:00 horas aproximadamente, debido á lonxitude e tempo da viaxe de ida e volta a Mondoñedo.
- Nota: A inscrición nesta ruta precisa de trámites previos que se publicarán neste espazo coa debida antelación, ademáis do pago do importe correspondente á entrada ás Covas (12 euros).
- Ruta de xornada completa ao Morrazo: Os participantes deberán estar no Peirao da Laxe ás 09:45 horas para sair no barco da Naviera ás 10:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 19:30 e 20:30 horas aproximadamente, debido á lonxitude da ruta e o tempo de parada para xantar.
- Archivo para ver a ruta desde Google Earth (só ida)
- Inicio e finalización: Peirao de Cangas do Morrazo
- Distancia aproximada: 18 km debido a que é unha ruta de ida e volta.
- Parada para xantar: Praia de Nerga.
- Duración aproximada da ruta: 5,5 horas ida e volta.
- Intensidade: Media debido á extensión da ruta, pero o firme é bo durante case todo o camiño, e o desnivel practicamente nulo.
- Recomendacións: Levar calzado cómodo e bastóns de camiñar pola lonxitude do percorrido. Levar ademáis comida e auga para xantar na parada da praia de Nerga. Se a climatología é boa, é aconsellable levar gorra para a protección solar.
16 de abril:
- Ruta nocturna polo río Lagares: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 20:45 horas para sair nos autocares ás 21:00 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 00:30 e 01:00 horas aproximadamente.
- Archivo para ver a ruta desde Google Earth
- Distancia: 10 km
- Duración aproximada: 2:30 horas.
- Lúa: Menguante (85%) / Atardecer: 21:13 horas.
- Importante: todos os participantes deberán levar consigo unha lanterna, un chaleco, bastón e botas de camiñar.
17 de abril:
- Visita nº 4 ás Covas do Rei Cintolo: Os participantes deberán estar na Praza do Rei ás 8:00 horas para sair nos autocares ás 08:15 ata a saída da ruta. Volverán ao mesmo punto de inicio entre as 20:30 e 21:00 horas aproximadamente, debido á lonxitude e tempo da viaxe de ida e volta a Mondoñedo.
- Nota: A inscrición nesta ruta precisa de trámites previos que se publicarán neste espazo coa debida antelación, ademáis do pago do importe correspondente á entrada ás Covas (12 euros).
1 de maio:
- Visita nº 1 a Cíes de unha xornada: Os participantes deberán estar no peirao da Naviera Mar de Ons (Dársena da Laxe) desde as 09:30 horas para embarcar e partir ás 10:15. Tras facer varias rutas interpretativas por terra e mar, ademáis de xantar na illa, partirán de volta dende o peirao de Rodas en Cíes ás 19:00 horas, chegando a Vigo ás 19:30 aproximadamente. Na visita á Illa organizarase unha ruta por terra ao Faro e outra marítima en kaiak; para esta última é preciso saber nadar, ter como mínimo 8 anos e entregar aos monitores a ficha de inscripción debidamente cuberta. Debido a que pasaremos a xornada enteira na illa, é preciso que todos os participantes leven comida e auga, ademáis dos materias que se sinalan na ficha para a actividade de kaiak.
8 de maio:
- Visita nº 2 a Cíes de unha xornada: Os participantes deberán estar no peirao da Naviera Mar de Ons (Dársena da Laxe) desde as 09:30 horas para embarcar e partir ás 10:15. Tras facer varias rutas interpretativas por terra e mar, ademáis de xantar na illa, partirán de volta dende o peirao de Rodas en Cíes ás 19:00 horas, chegando a Vigo ás 19:30 aproximadamente. Na visita á Illa organizarase unha ruta por terra ao Faro e outra marítima en kaiak; para esta última é preciso saber nadar, ter como mínimo 8 anos e entregar aos monitores a ficha de inscripción debidamente cuberta. Debido a que pasaremos a xornada enteira na illa, é preciso que todos os participantes leven comida e auga, ademáis dos materias que se sinalan na ficha para a actividade de kaiak.
14 e 15 de maio: Visita de fin de semana a Cíes con acampada
- Os participantes deberán estar no peirao da Naviera Mar de Ons (Dársena da Laxe) ás 11:45 horas para embarcar e partir ás 12:15. Este grupo de participantes permanecerá na Illa durante a xornada do sábado e o domingo, voltando o día 15 ás 17:00 horas.
- Durante a súa estancia o grupo realizará dúas rutas pola illa, ademáis dunha velada de convivencia na noite do sábado.
- O restaurante do Camping Illas Cíes terá á disposición dos visitantes un menú acordado para o xantar e cea do sábado, e o almorzo e xantar do domingo.
- Os participantes do programa deben levar roupa adaptada á climatoloxía prevista, ademáis de tenda de campaña e enseres persoais para pernoctar e pasar as dúas xornadas. Entre outros, recomendamos especialmente unha lanterna para as actividades da velada nocturna do sábado.
- Para as persoas que desexen bañarse na illa, a Concellería de Medio Ambiente disporá dun servizo de Socorrismo na praia de Rodas co horario seguinte: sábado de 16 a 20 horas e domingo de 10 a 14 e 16 a 18 horas. As persoas que opten por bañarse en outras zonas e horarios asumen que é baixo a súa exclusiva responsabilidade.
- A Concellería de Medio Ambiente subvenciona a viaxe en barco, a pernocta no Camping e o persoal de organización e monitoraxe de actividades, correndo os custos de manutención por parte dos participantes.
- Unha vez na illa, o persoal de organización informará debidamente a todos os participantes sobre o programa completo de actividades. Cada persoa deberá cubrir e asinar a plantilla de inscrición da actividade e entregala aos monitores á chegada á illa (esta plantilla entregarase a todos os presentes no momento de embarcar).
15 de maio: Visita nº 3 a Cíes dunha xornada
- Os participantes deberán estar no peirao da Naviera Mar de Ons (Dársena da Laxe) desde as 09:30 horas para embarcar e partir ás 10:15. Tras facer varias rutas interpretativas por terra e mar, ademáis de xantar na illa, partirán de volta dende o peirao de Rodas en Cíes ás 19:30 horas, chegando a Vigo ás 20:00 aproximadamente. Na visita á Illa organizaranse dúas rutas por terra e outra marítima en kaiak; para esta última é preciso saber nadar, ter como mínimo 8 anos e entregar aos monitores a ficha de inscrición debidamente cuberta. Debido a que pasaremos a xornada enteira na illa, é preciso que todos os participantes leven comida e auga (ou optar polo menú especial que o restaurante habilitará para a ocasión), ademáis dos materiais que se sinalan na ficha para a actividade de kaiak.