Panorámico de Vigo (GR-53)
2 Out: Etapa 1. Saiáns – Monte Alba
- Grupo 1: Ruta orixinaria GR53 (dificultade media)
- Grupo 2: Variante GR53.1 (dificultade alta)
- Os grupos distribuiranse por preferencias dos participantes e recomendación da organización.
9 Out: Etapa 2. A Pasaxe – Parque F. Beade
- Grupo 1: Ruta orixinaria GR53 (dificultade media)
- Grupo 2: Variante GR53.2 (dificultade alta)
- Os grupos distribuiranse por preferencias dos participantes e recomendación da organización.
16 Out: Etapa 3. P.F.Beade – As Laxes (dificultade media). A hora de saída para esta ruta establécese ás 10 horas, desde a Praza do Rei, convocatoria ás 9:30 horas.
23 Out: Etapa 4. As Laxes - VigoZoo (dificultade media). A hora de saída para esta ruta establécese ás 10 horas, desde a Praza do Rei, convocatoria ás 9:30 horas.
- Saída: A hora de saída para esta ruta establécese ás 10 horas, desde a Praza do Rei, convocatoria ás 9:30 horas.
- Retorno (estimado): 15:00 na Praza do Rei
- Grupos de 300 persoas
- Desprazamento: autobús urbano
- Equipamento recomendado: calzado de camiñar e bastón de apoio
- Prezo: Gratuíto
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles da mesma no blog "Camiño a Camiño"
Parque Natural do Invernadeiro (Vilariño de ConSo-Ourense): Berrea dos cervos
Grupo 1: 1-2 Out
Grupo 2: 8-9 Out
Grupo 3: 15-16 Out.
- Saída: sábado 8:30 h dende a Praza do Rei
- Retorno (estimado): Domingo 22:00 na Praza do Rei
- Grupos de 24 persoas.
- Actividades: Roteiro das Ortigas (dificultade alta, 22 km, ascensión a 1518m), Berrea dos cervos, Visita entorno do Parque Natural
- Desprazamento: en furgoneta dende Vigo
- Aloxamento: Albergue de Campobecerros (auga quente,calefacción, literas)
- Manutención: a conta dos participantes
- Equipamento recomendado: calzado de camiñar, bastón de apoio, roupa de abrigo, saco de durmir, prismáticos, lanterna
- Prezo: 30 euros (ver procedemento de ingreso no apartado de inscrición)
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles da mesma no blog "Camiño a Camiño".
Procedemento de pago:
As persoas confirmadas por parte do 010 como admitidas na visita ao Parque Natural do Invernadoiro terán que presentarse co dni e o importe establecido o xoves previo á actividade na Casa da Xuventude (López Mora nº 31) en horario de mañá (9:00-14:00) ou de tarde (17:00-20:00).
Únicamente se devolverá o prezo no caso de anulación avisada previamente á actividade e en casos debidamente xustificados.
Unha vez inscrito entregarase unha resgardo de embarque con información adicional sobre a viaxe.
Aquelas persoas que non efectúen o pago na data sinalada perderán a súa praza e chamarase ao seguinte preinscrito/a na lista de agarda.
Senda da Auga
Este domingo 13 de novembro tivo que ser aprazada a derradeira etapa da Ruta da Auga debido ás condicións atmosféricas adversas. De feito, os gardas forestais da área de Pazos de Borbén indicaron que se anulara todo tipo de actividade na zona (rutas, caza, etc). Toda vez que o vindeiro domingo 20 é xornada electoral, a Concellería de Medio Ambiente ten previsto realizar esta 3ª etapa o domingo 27 de novembro, no mesmo horario e conservando a inscrición realizada no 010.
30 Out: Etapa 1. Fonte das mozas – Os Valos (dificultade media-baixa)
6 Nov: Etapa 2. Os Valos – Pazos de Borbén (dificultade media-baixa)
13 Nov: Etapa 3. P. Borbén – Embalse Eiras (dificultade media-baixa)
- Saída: Ás 10 horas dende a Praza do Rei, convocatoria ás 9:30 horas.
- Retorno (estimado): 15:00 na Praza do Rei
- Grupos de 300 persoas
- Desprazamento: autobús urbano e autobús discrecional
- Equipamento recomendado: calzado de camiñar, bastón de apoio e roupa de abrigo
- Prezo: Gratuíto
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles da mesma no blog "Camiño a Camiño"
4 decembro. Ruta polo río Eifonso (PR-G5)
- Grupo 1: Ruta orixinaria PR-G5 (Mourelle-Bembrive a Parque Forestal de Beade) (dificultade media).
- Grupo 2: Moledo a Parque Foresta de Beade (dificultade media-alta).
- Saída: ás 10 horas dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:30.
- Retorno (estimado): ás 14 horas na Praza do Rei.
- Grupo de ata 300 persoas.
- Desprazamento: autobús urbano.
- Prezo: Gratuíto.
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles desta no blog
11 decembro. Ruta polo río Lagares
Nesta ocasión vaise realizar unha variante en senso inverso partindo da Avenida de Europa ata Balaídos (dificultade baixa) e deténdose nos humedais do Lagares.
- Saída: ás 10 horas dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:30.
- Retorno (estimado): ás 14 na Praza do Rei.
- Grupo de ata 300 persoas.
- Desprazamento: autobús urbano.
- Prezo: Gratuíto.
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles desta no blog
18 decembro. Ruta por Matamá - Freixo
Ruta nova a incorporar nas Clásicas de Vigo, saíndo de Balaídos e circulando polas parroquias de Matamá e Freixo.
- Saída: ás 10 dende a Praza do Rei. Convocatoria: 9:30.
- Retorno (estimado): ás 14 horas na Praza do Rei.
- Grupo de ata 300 persoas.
- Desprazamento: autobús urbano.
- Prezo: Gratuíto.
- Máis información: Na semana previa á ruta colgaranse detalles desta no blog
Curso de iniciación a Snorkel
Do 4 decembro ao 11 decembro.
Obxectivo: iniciar aos participantes de Camiño a Camiño á observación do entorno mariño a través de técnicas de buceo en superficie ou descendendo baixo a auga e retendo a respiración. Na programación de primavera terase ocasión de pór en práctica estas aprendizaxes nas Illas Cíes, xunto coas labores de voluntariado previstas.
Requisitos: maior de 10 anos que sepa nadar, ser participante nas actividades de Camiño a Camiño.
Criterios de selección: teñen preferencia os/as participantes en programas de voluntariado medioambiental da Concellería de Medio Ambiente. En segundo lugar, teñen preferencia os/as participantes habituais no programa Camiño a Camiño 2011.
Lugar e hora: Piscina municipal de Lavadores, de 10 a 12.
Grupo de 20 persoas.
Achega: 5 euros (ver en Inscrición o procedemento de pago)
Cada participante ten que vir provisto como mínimo dun tubo de snorkel (opcional traer gafas de snorkel e aletas). A organización porá a disposición gafas de snorkel e aletas.
Destinatarios:
Persoas maiores de idade empadroadas en Vigo (autorízase á organización a comprobar tal condición e a solicitar o DNI previamente á realización da actividade)
No caso de residir en Vigo e non estar empadroado incluirase na Lista de agarda os venres, confirmándose a praza no caso de vacantes ao final do proceso de inscrición.
Menores de idade. Deberán ir acompañados polos seus pais ou titores legais. No caso de ir a cargo doutro adulto distinto deberá presentar un documento de autorización (ver modelo)
Inscrición no 010 de luns a xoves da mesma semana da actividade, de 8:00 a 20:00
- Ficha de inscrición
- Datos mínimos de inscrición: Nome completo, DNI (no caso dos menores DNI do/da titor/ra), Teléfonos de contacto, Email (opcional), Data de nacemento
- Cada persoa só poderá inscribir ata un total de 5 persoas, sendo necesario dispor todos os datos de inscrición.
- A inscrición faise por estrito orde de chamada.
- No caso de cubrirse o cupo da ruta ou de non estar empadroado, pasarase á lista de agarda.
- As renuncias cubriranse coa lista de agarda, tendo preferencia as persoas empadroadas ás non empadroadas.
Pago das actividades con achega
- As persoas confirmadas por parte do 010 como admitidas terán que presentarse co dni e o importe establecido o xoves previo á actividade na Casa da Xuventude (López Mora nº 31) en horario de mañá (9:00-14:00) ou de tarde (17:00-20:00)
- Únicamente se devolverá o prezo no caso de anulación avisada previamente á realización da actividade e nos casos debidamente xustificados
- Unha vez inscrito entregarase unha resgardo da actividade con información adicional sobre esta.
- Aquelas persoas que non efectúen o pago na data sinalada perderán a súa praza e chamarase ao seguinte preinscrito/a na lista de agarda.
Acreditación nas actividades
- As persoas inscritas con carné de Camiño a Camiño: presentando este documento
- As persoas inscritas sen carné de Camiño a Camiño: presentando o DNI e, nese momento, proporcionaráselle o carné de Camiño a Camiño.
- Nas actividades con achega, compre presentar ademais o resgardo de ter pagado.
Máis información no blog do Camiño a Camiño