Medio Ambiente
A rede fluvial do Concello de Vigo
Un dos xeitos de comprender Vigo é a través da súa rede fluvial, que atravesa o termo municipal de este a oeste (río Lagares) ou de sur a norte (afluentes do Lagares ou diversos regos que desembocan no mar). Tamén é un xeito moi interesante de coñecer as parroquias e a lóxica urbana-periurbana, cunha observación sobre o terreo de como a intervención humana modifica o ecosistema. Vaise ter ocasión de abordar o ciclo da auga e como cada cidadán podemos contribuír a un bo uso da auga.
As concas fluviais da Serra do Galiñeiro
Nesta serie de percorridos preténdese coñecer o entorno da Serra do Galiñeiro a través das concas fluviais. Para este fin escolleuse o río Miñor, que como continuación do río Zamáns desemboca na Ramallosa, e o río Louro, que percorre a cara este e atravesa as Gándaras de Budiño (xa visitadas na tempada pasada) para desembocar no río Miño.
Un dos ecosistemas máis singular e máis fráxil son as dunas. En Vigo o coñecemos ben e por tal motivo merece a peña abordar esta temática medioambiental realizando un repaso dos casos ubicados no concello, incluído Cíes, así como algúns dos máis coñecidos en Cangas e en Corrubedo.
Os percorridos nocturnos proporcionan unha perspectiva distinta do entorno, permitindo centrarse en aspectos medioambientais que durante o día pasan desapercibidos e, por suposto, gozando da observación celeste. Aproveitarase para refrescar os coñecementos obtidos nas charlas recibidas en Vigozoo ao respecto e aos novos participantes achegarase a estes contidos.
Os percorridos de montaña proporcionan a oportunidade de contemplar ecosistemas naturais en estado puro. Na primavera estes ecosistemas maniféstanse exhuberantes e resulta particularmente agradable a súa observación. No caso particular de Ancares, ademáis, vai poderse contrastar a experiencia primvareral coa vivida no outono pasado. No caso da travesía Aloia-Galiñeiro, poderomos disfroitar dunha das zonas de especial conservación máis queridas dos camiñantes de Vigo e bisbarra.
A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo.
Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frentes: conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais, conservación nas Illas Cíes e actuacións nos programas de voluntariado de Vigozoo.
Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (ver apartado cursos).
As persoas voluntarias que xa participan en actuacións de voluntariado xa coñecen a dinámica de convocatoria (habitualmente vía correo electrónico e blog). Os novos parcipantes, que teñen que ter asinado o acordo de voluntariado do Concello de Vigo, pódense inscribir en accións tanto nos propios cursos como na Casa da Xuventude.
Máis información sobre os requisitos para participar e as actividades abertas en todo momento pódense consultar na solapa "Voluntariado CaC" de caminoacaminovigo.blogspot.com.
Requisitos para participar nas hortas-escola: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude. Gratuíto.
Máis información sobre hortas na solapa "Hortas urbanas de Vigo" de caminoacaminovigo.blogspot.com.
Cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental
De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares e demais actuación é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.
Ábrense catro accións para o 1º semestre de 2013. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.
Cursos específico de voluntariado en Vigozoo
Entre o voluntariado de Camiño a Camiño, convócanse prazas para a realización de labouras de apoio no departamento de educación de Vigozo (acollida a visitas organizadas, colaboración nas visitas dos colexios, apoio na conservación da horta-escola, etc) e no departamento de conservación (con participación en actuacións de investigación e conservación e de benestar animal)
Cursos básico de hortas urbanas
Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto.
Club de amigos e amigas de Vigozoo
As actividades de educación medioambiental para público infantil entre 6 e 12 anos articúlanse arredor do progama "Club de amigos e amigas de Vigozoo".
A programación está prevista para que se desenvolva todos os sábados de 16:30 a 19:30 no período 2-23 marzo e 6 abril-25 maio. Ademáis están previstas actividades de mañán nos períodos vacacionais de entroido (11-13 febreiro) e de semana santa (25-27 marzo).
Máis información sobre os requisitos para participar e as actividades abertas en todo momento pódense consultar en www.vigozoo.com e no blog clubamigosvigozoo.blogspot.com.es
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100