Parques e sendeirismo
Este paseo atópase en dous niveis, un moi preto da costa e outro a maior altura que ofrece unha magnífica perspectiva da cidade e a sua Ría. O monte polo que discorre, A Guía, é un punto de orientación para a entrada no porto desde hai séculos; está coroado pola ermida en honra a Nosa Señora das Neves.
Todo o percorrido ten unha lonxitude de 1km. Podemos atopar servizos como bar, parada de bus, fontes, zonas axardinadas e bosques de piñeiros e carballos. Atoparemos ademais unha zona para pescar con cana, un clube de remo, e algunhas praias pequenas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100