Parques e sendeirismo

Paseo pola ribeira do río Lagares (Castrelos)

Este sendeiro atravesa toda a cidade desde A Raposeira (preto do final da Av. de Madrid) até a praia de Samil, seguindo o curso do río Lagares. Ten unha lonxitude de 8,3km. É un percorrido no que se mestura a cara máis rural e a máis urbana de Vigo. Ao longo del podemos ver grupos de patos, gansos e mesmo, se temos sorte, algunha garza, así como vexetación autóctona, pontes medievais e edificacións típicas da arquitectura popular galega.

O percorrido ten escasa pendente. Pódese realizar tanto a pé como en bicicleta. Ao longo de todo o trazado atoparemos varias fontes e bancos nos que poder facer un descanso. O sendeiro pasa polo Parque de Castrelos (recinto axardinado que alberga o Pazo-Museo Quiñones de León e os seus magníficos xardíns de estilo inglés e francés) e tamén transcorre polas inmediacións do estadio de fútbol de Balaídos; acaba na praia de Foz, xunto á de Samil, onde desemboca o río Lagares.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100