Parques e sendeirismo

Paseo lineal de Samil

É un dos paseos más concorridos da cidade, tanto no inverno coma no verán, debido á súa situación na praia de Samil (1115 metros de areal) e ao seu equipamento, xa que conta con multitude de servizos coma estacionamentos, hoteis, restaurantes, cafeterías,  posto da cruz vermella, etc. É un lugar de lecer, tanto para nenos como para adultos, xa que ademais de dar un fermoso paseo, nel atópanse catro piscinas (unha delas é unha copia a escala da Ría de Vigo, incluída a ponte de Rande), un tobogán acuático, canchas de baloncesto, zona de merendeiro e incluso un centro polideportivo e un cámping.

Tamén é importante destacar que é accesible para minusválidos e que a el se pode chegar facilmente desde o centro en transporte urbano coas liñas: L10, L15 A, B e C, e LC3 a fin de semana.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100