Parques e sendeirismo

Paseo das Avenidas

Paseo ao longo do Porto Deportivo e da Estación Marítima, remodelados recentemente. Conta con zonas axardinadas e con distintos servizos como cafeterías, restaurantes, aparcadoiros, etc. Ademais, no noso percorrido, atoparemos esculturas como a de Elduayen ou a de Xulio Verne, instalada recentemente.

Próxima a este paseo atópase a Alameda, parque construído a finais do século XIX. É tamén unha excelente zona para gozar dun pracenteiro paseo. Conta con zonas axardinadas, tres fontes e varias esculturas de Camilo Nogueira e do escultor e pintor Luis Medina con motivos naturais e de animais.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100