Parques e sendeirismo

O Castro

É un dos parques urbanos máis extensos da cidade. Está rodeado de multitude de camiños polos que podemos descubrir a variedade de paisaxes e sorpresas que nos depara o paseo. Na cima da montaña atópase unha fortaleza militar -do século XVIII- rodeada de xardíns e esculturas; é ademais un magnífico miradoiro sobre a Ría. Hai tamén zonas de lecer como parques infantís, restaurante, cafeterías, un circuíto para bicicletas, etc. Nas ladeiras, cheas de árbores como castiñeiros de indias, álamos ou camelias e acacias -que suman máis de 30 especies distintas-, atopamos un magnífico lugar para pasear por pequenos sendeiros de terra.

No noso percorrido atopamos tamén o monumento das Áncoras, composto por tres áncoras e canóns recuperados dos galeóns de Rande, afundidos na Ría durante a Batalla de Rande en 1702.  Ademais, nunha destas ladeiras, atopamos un castro, restos das edificacións dos primeiros poboadores de Vigo do século II a.C.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100