Parques e sendeirismo

Paseo marítimo de Bouzas

Este paseo dispón de carril bici, bancos e fontes; conta tamén cunha zona arborada. Está situado ao pé da praia de Bouzas, xunto á súa igrexa do século XVI.

Bouzas foi un antigo concello independente, anexionado posteriormente a Vigo. É coñecido pola súa magnífica zona histórica; pola súa feira, que se celebra todos os domingos pola mañá na Alameda; e polas súas festas, que se celebran o terceiro domingo de xullo, declaradas de interese turístico de Galicia.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100