Xerencia Municipal de Urbanismo
As oficinas de Licenzas de Obras de Actividades responden nesta sección ás preguntas máis frecuentes, expostas por particulares, profesionais e promotores.
Para aclaracións ou consultas xenéricas escriba a: participa.licenzas@vigo.org
Para consultas específicas e particulares, acuda á Oficina de Información Urbanística ou solicite cita na oficina correspondente: Licenza de Obras ou Licenza de Actividades.
1. Qué é unha licenza?
As licenzas urbanísticas son os títulos administrativos regrados mediante os cales a Administración competente permite a execución material dos actos de edificación e uso do solo proxectados, logo da comprobación de que se axustan ao ordenamento urbanístico vixente e de que reúnen as condicións exixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade. Ten carácter previo á realización das obras.
2. Qué é unha comunicación previa?
Unha comunicación previa é un documento mediante o cal os interesados poñen en coñecemento da Administración Pública competente os seus datos identificativos e calquera outro dato relevante para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, conforme co establecido no artigo 69.2 daLei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.
A comunicación previa en materia de urbanismo é o documento no que a persoa interesada pon en coñecemento da Administración municipal que reúne os requisitos para realizar un acto de transformación, construción, edificación e uso do solo ou do subsolo que non está suxeito a licenza municipal e, en todo caso, os que así se establezan nas leis.(Artigo 360 do Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia).
As comunicacións previas non constitúen unha autorización administrativa tácita, senón unicamente a transmisión da información correspondente para efectos do coñecemento municipal e posibilitar a intervención mediante o control posterior.
3. Unha vez realizada a comunicación previa, teño que esperar a recibir algunha resolución do concello autorizándome a iniciar a actividade ou a realizar as obras?
Nas comunicacións previas substitúese o control administrativo previo das licenzas por un control posterior, polo que, unha comunicación previa presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico do particular que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e, de ser o caso, para o inicio da obra ou instalación, e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.
A persoa interesada, baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude. No caso da realización dunha obra a comunicación previa deberá realizarse cunha antelación de 15 días hábiles á data de inicio da obra.
(Artigo 25 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e artigo 15 da Lei 2/2016 do solo de Galicia)
4. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de inicio dunha actividade?
As comunicacións previas de inicio de actividade constitúen título habilitante para o exercicio material da actividade desde o mesmo momento da súa presentación, non entanto o devandito efecto de habilitación, non prexulgará en modo algún a situación e o efectivo acomodo das condicións do establecemento á normativa aplicable, nin limitará o exercicio das potestades administrativas de comprobación, inspección, sanción, e en xeral de control que á administración en calquera orde, estatal, autonómico ou local, lle estean atribuídas polo ordenamento sectorial aplicable en cada caso.
As comunicacións previas non constitúen unha autorización administrativa tácita, senón unicamente a transmisión da información correspondente para efectos do coñecemento municipal e posibilitar a intervención mediante o control posterior.
(Artigo 25 da Lei 9/2013, de 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e 12 do Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos)
5. Cales son os efectos da presentación dunha comunicación previa de obras?
Nas comunicacións previas de obras presentadas, o transcurso do prazo de quince días hábiles sen que o Concello declare completa a documentación presentada, ou requira a emenda das deficiencias que presente a documentación, non habilita para o inicio dos actos de uso de solo e subsolo se a comunicación presentada non cumpre con todos os requisitos esixidos pola normativa de aplicación.Requisitos que, o interesado na súa comunicación, manifesta que cumpre baixo a súa responsabilidade.
(Artigo 146.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia)
6. Qué actos están suxeitos a comunicación previa?
Estarán suxeitas a comunicación previa, de conformidade coa normativa que resulte de aplicación:
7. Qué actos suxeitos a licenza están sometidos ao procedemento simplificado?
Estarán suxeitas ao procedemento simplificado:
8. Qué actos están suxeitos a licenza por procedemento ordinario?
Quédarán suxeitas a licenza de obras por procedemento ordinario:
Quédarán suxeitas a licenza por procedemento ordinario as seguintes actividades, de conformidade co artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia:
9. Como podo saber o estado de tramitación dunha licenza que solicitei?
A través da carpeta cidadá.10. Qué actividades están suxeitas a comunicación previa?
Con carácter xeral están suxeitas ao trámite de comunicación previa a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, agás:
Pode consultar esa e outra información no seguinte enlace.
12. Qué documentación debo presentar se teño que realizar obras de acondicionamento nun local para poder desenvolver unha actividade suxeita a autorización previa?
Pode consultar esa e outra información no seguinte enlace.
13. Qué permisos debo solicitar para abrir un local comercial?
Se o local necesita obras de adaptación para poder exercer a actividade, deberá achegar comunicación previa de obras de adaptación de locais CP-002, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva e indicarase a data de inicio das obras. A comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio da obra.
En locais situados en edificios catalogados, no caso de necesitar obras de adaptación no local, deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial (edificios catalogados) OB-008, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva. Non poderá empezar as obra en tanto non acade a preceptiva licenza.
En ambos casos, unha vez realizadas a obras, deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001, acompañado do preceptivo certificado de fin de obra das obras realizadas e o informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
No caso de actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, o informe do illamento acústico conseguido no local, deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da dita Ordenanza. Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.
Non será obrigatorio achegar o informe de illamento no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que a actividade producirn un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza
En caso de que non sexan necesarias obras no local deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001 ca documentación preceptiva que figura no reverso.
14. Qué permisos debo solicitar para abrir unha cafetería o un restaurante cunha capacidade menor de 500 persoas?
Se o local necesita obras de adaptación deberá achegar comunicación previa de obras de adaptación de locais CP-002, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva e indicarase a data de inicio das obras. A comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles ao inicio da obra.
En locais situados en edificios catalogados, no caso de necesitar obras de adaptación no local, deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial (edificios catalogados) OB-008, acompañada cunha copia do proxecto técnico das obras a realizar e o resto da documentación preceptiva. Non poderá empezar as obra en tanto non acade a preceptiva licenza.
En ambos casos, unha vez realizadas a obras, deberá comunicar ao Concello a data de inicio da actividade mediante o impreso normalizado de comunicación previa de actividade CP-001, acompañado do preceptivo certificado de fin de obra das obras realizadas. Xunto ca comunicación previa a persoa titular deberá presentar informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia que deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións. Así mesmo disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.
15. Qué documentación debo ter no local comercial durante o exercicio da actividade ?
Durante o exercicio da actividade deberá contar no local, a disposición dos servizos de inspección municipais, cunha copia da comunicación presentada.
16. Qué actividades necesitan informe do illamento acústico conseguido no local?
Todas as actividades necesitan informe do illamento acústico conseguido no local, de acordo co disposto no artigo 11 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia.
Non será obrigatorio achegar o informe de illamento no caso que a persoa titular da actividade faga constar expresamente que a actividade producirá un nivel sonoro igual ou inferior, en calquera horario, a 75 dB, excepto nas actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións que, en calquera caso, deberán achegar o certificado establecido no artigo 15 da dita ordenanza.
No caso de actividades nocturnas e as diúrnas dos grupos 1 e 2 da táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións, o informe do illamento acústico conseguido no local, deberá completarse co disposto ao respecto no artigo 15 da dita Ordenanza.
Así mesmo, disporán de certificado de medición do nivel de ruídos transmitidos polo funcionamento das instalacións de ventilación/climatización, frigoríficas ou calquera, cuxa potencia sexa igual ou superior a 5 C.V. por instalación, que non superarán os niveis máximos permitidos no exterior e nas vivendas ou actividades lindeiras co local.
Actividades da Táboa 4 do Manual de Procedemento adxunto á Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións:
Actividades nocturnas:
Actividades diúrnas:
17. Si un local xa conta cunha comunicación previa de actividade, cando debo presentar nova comunicación previa de inicio de actividade?
Será necesaria unha nova comunicación previa de inicio de actividade nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Todas as obras de reforma dos locais están suxeitas a comunicación previa de obras ou licenza previa.
18. Qué se considera unha reforma substancial dun local?
19. Si vou facer reformas nun local, que normativa debo aplicar?
Dependerá do alcance das obras e de si hai cambio do uso materializado do local:
Código Técnico da Edificación (CTE): de conformidade cos criterios básicos de aplicación de cada DB
Regulamento de desenvolvemento da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na C.A. de Galicia (D. 35/2000):
Ordenanza Municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións:
Condicións de uso do Plan Xeral vixente:
20. Qué obras están suxeitas a comunicación previa?
Están suxeitas a comunicación previa a realización de obras menores de menor entidade técnica consistentes en pequenas reparacións e obras de mantemento, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa e a realización de obras maiores, relacionadas anexo 5 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, que requiren a presentación dun proxecto técnico pero que de conformidade co artigo 142.2 da Lei 2/2016 do solo de Galicia non están suxeitas a licenza previa.
21. Qué obras menores están suxeitas a comunicación previa?
Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
22. Qué obras maiores están suxeitas a comunicación previa?
Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
23. En que consiste o procedemento simplificado?
A presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenzas suxeitas ao procedemento simplificado, permite á persoa titular da mesma o inicio da actividade ou das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte da Xerencia de Urbanismo, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.
Nos casos nos que sexa necesaria a subsanación de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio ao procedemento ordinario, non operando os efectos do silencio administrativo unha vez transcorrido o prazo dun mes. Neste caso non se poderá iniciar a actividade ou realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.
24. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de reforma dunha vivenda que modifiquen a distribución sen afectar a estrutura do edificio?
As obras de reforma interior dunha vivenda sen afectar a estrutura do edificio están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar. Pode consultar a documentación necesaria no seguinte seguinte enlace
25. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de restauración dunha fachada ou cambio de material de cuberta sen afección estrutural?
As obras restauración dunha fachada ou cambio de material de cuberta sen afección estrutural están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar. Pode consultar a documentación necesaria no seguinte enlace
26. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar obras de reparación puntual da estrutura dunha edificación?
As obras reparación puntual, se non afectan ao conxunto do sistema estructural, están suxeitas a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso, a cal inclúe un proxecto técnico da obra a realizar.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
No caso de que as obras de reparación estrutural teñan un carácter parcial ou total deberá solicitar a correspondente licenza previa. Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
27. Qué documentación é obrigatorio presentar para realizar un peche de parcela (sen muros de contención)?
A construción dun peche de parcela, sen contención de terras, está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
No caso de que o peche inclúa muros de contención cunha altura igual ou superior a metro e medio deberá solicitar a correspondente licenza previa. Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
28. Qué documentación é obrigatorio presentar para a instalación dun rótulo dun local comercial?
A instalación de rótulos nun local comercial está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
29. Qué documentación é obrigatorio presentar para a instalación dun guindastre?
A instalación de grúas ou guindastres está suxeita a comunicación previa. Cunha antelación mínima de 15 días hábiles comunicará ao concello a súa intención de executar a obra, mediante o impreso normalizado CP-005 e coa documentación que figura no inverso.Pode consultar esta e outra información no seguinte enlace
30. Qué edificacións están en situación de fora de ordenación?
Os edificios, construcións e instalacións existentes que resulten incompatibles coas determinacións do planeamento por estaren afectados por viais, zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación
Nestas construcións só poderán realizarse obras de conservación e as necesarias para o mantemento do uso preexistente, debendo renunciar expresamente os propietarios ao incremento do valor expropiatorio.
Ademais este réxime será de aplicación no caso dos edificios, construcións e instalacións existentes en solo urbano non consolidado, en áreas de solo de núcleo rural nas cales se prevexan actuacións de carácter integral, no solo urbanizable e nos terreos afectados a sistemas xerais, mentres non estea aprobada definitivamente a ordenación detallada dos ditos ámbitos.
(Artigo 90 da Lei 2/2016 do solo de Galicia e artigo 205 do Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia)
31. Cómo poido medir as alturas da edificación e o terreo modificado nas ordenanzas 9 e 10 ?
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100