Xerencia Municipal de Urbanismo

Licenzas de primeira ocupación

Terminadas as obras ou instalacións, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, o/a titular da licenza, no prazo máximo de quince días, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante o oportuno escrito de solicitude de licenza de primeira ocupación.

Licenza de primeira ocupación

A licenza de primeira ocupación é o acto administrativo que acredita que as novas edificacións cumpren os requisitos esixidos para ser destinado a uso para o cal se autorizou a licenza de obras, nomeadamente que a obra está completamente executada e se axusta á licenza urbanística outorgada.

Máis información sobre a súa tramitación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100