Xerencia Municipal de Urbanismo
A solicitude de licenza de obras suxeita ao procedemento simplificado permítelle, á persoa titular desta, o inicio das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte da Xerencia de Urbanismo.
Nos casos nos que sexa necesaria a corrección de deficiencias nunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio no procedemento ao ordinario, e non será operativo o prazo dun mes do silencio administrativo. Neste caso non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.
Non se tramitarán polo procedemento simplificado licenzas de obras no ámbito do PEPRI CASCO VELLO, do PEPRI DE BOUZAS e do Plan Especial de Edificios a Conservar (PEEC) , nin en edificios catalogados e os seus ámbitos de protección.
Demolición de edificacións
Son obras de demolición ou derruba aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste.
Construción de muros de contención
Muros de contención de terras non incluídos en licenzas de edificación, sexan ou non muros de peche.
ver este id de tramite.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100