Xerencia Municipal de Urbanismo
Trámites
Abrangue os seguintes tipos de obra:
a) Obras de substitución: son aquelas nas que se derriba unha edificación existente e no seu lugar se constrúe unha nova.
b) Obras de nova planta: son aquelas mediante as cales se edifica unha parcela libre de edificación.
c) Obras especiais: son aquelas obras de características particulares que só se poden realizar no caso de que sexan esixidas pola propia normativa aplicable; establécense tres grupos:
Licenza de obras de ampliación / reestructuración
Obras de ampliación: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se incrementa a ocupación ou o volume construídos.
Obras de reestructuración: son aquelas obras de rehabilitación dunha edificación que melloran as súas condicións de seguridade, salubridade, habitabilidade, de confort e ornato, modificando a súa distribución e alterando as súas características morfolóxicas e a distribución interna.
Licenza de obras de reforma e consolidación
As obras de reforma e consolidación abranguen os seguintes tipos de obra:
Obras de reestructuración puntual: son aquelas obras, nunha edificación existente, nas que se realicen pequenas modificacións estruturais para posibilitar:
Obras de consolidación: son aquelas que teñen por obxecto o afianzamento, reforzo ou substitución de elementos danados para asegurar a estabilidade do edificio, con posibles alteracións menores da súa estrutura e distribución, sempre que non estean incluídas nas obras de reestruturación parcial ou total.
Inclue a totalidade das obras maiores de reforma de Edificios Catalogados
Licenza de obras de movementos de terra
Estarán suxeitos a licenza de obra os movementos de terra e obras de desmonte non incluídos en proxectos de edificación ou proxectos de urbanización.
Licenza de parcelamento ou informe de innecesidade de parcelación
De conformidade co artigo 148 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (LSG) considerarase parcelación urbanística a división de terreos en dous ou máis lotes ou porcións co fin da súa edificación.Estarán suxeitas a licenza previa as parcelacións, segregacións ou outros actos de división de terreos en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación.
Será innecesario o outorgamento de licenza cando a división ou segregación sexa consecuencia de: A aprobación dun proxecto de compensación, reparcelación ou expropiación, a execución de infraestruturas e dotacións públicas, ou o outorgamento polo planeamento de distinta clasificación ou cualificación da parcela de orixe.
Nestes casos poderá solicitarse a declaración de innecesariedade de parcelación.
Licenza de intervencións menores en Edificios Catalogados
Son obras caracterizadas pola súa escasa entidade económica e pola súa sinxeleza técnica, dirixidas á simple reparación, decoración, ou mantemento e limpeza, de edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
Inclúense as obras enumeradas na seguinte relación:Abranguen todas as obras que non teñen cabida en ningunha das anteriores definicións e non están suxeitas ao procedemento simplificado ou comunicación previa como poden ser piscinas, etc.
Ademais incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras e antenas de telefonía non suxeitas a comunicación previa. Nestes casos a documentación a presentar coa solicitude será a establecidas nas ordenanzas especificas: Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación e Ordenanza Urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo.
Licenza de obra de reforma comercial (Edificios catalogados)
Obra de acondicionamento de local: son aquelas obras que adaptan un local existente ás condicións para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.
En locais situados en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, no caso de necesitar obras de acondicionamento para o desenvolvemento dunha actividade suxeita a comunicación previa deberá solicitar licenza de obras de reforma comercial. Unha vez rematada a obra comunicarase o inicio da actividade, co procedemento descrito no anexo 5, achegando o correspondente Certificado Final de Obra.
No resto das edificacións as obras de acondicionamento están suxeitas a comunicación previa co procedemento descrito no anexo 5 de la ordenanza de licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100