Cultura

Fermín Penzol

Resume biográfico.

"A morte fainos perder amigos de continuo. Oio resoar a tesourada fatal da Parca desde hai uns anos. Os nosos vellos amigos, un a un, van emigrando o Alén............"

Debuxo  Penzol

(Perder Amigos. Fermín Penzol)

Fermín Fernández Penzol-Labandera (Sahagún, 1901-Santiago de Compostela, 1981), malia ser galego extramurano, identificouse dende moi novo con Galicia, comprometéndose dende entón, e ao longo de toda a vida, coa súa causa e co servizo á súa cultura.

 Compromiso que desenvolveu en dous planos distintos de actuación, paralelos e complementarios: o da acción política, coa participación nas diferentes etapas evolutivas do galeguismo, e mais o da acción cultural, posto de manifesto na súa encomiable vocación de bibliófilo.

 Froito desta última, e da súa constante preocupación pola recuperación da nosa memoria escrita, é a configuración dunha das máis importantes bibliotecas particulares especializada en temática galega do país. Biblioteca que decide xenerosamente doar para uso público en 1963, creando para tal fin a Fundación que leva o seu nome na cidade de Vigo.

Biografía completa 

Grial nº 73

Libro Homenaxe a Fermín Penzol, 1972

Libro Fermín Penzol: Unha Obra para un País, 2010

Galería de fotos

 

Foto Fermín Penzol
Fermín Penzol
Fermín Penzol
Fermín Penzol  neno
   

 

 

IR A INICIO: Fermin Penzol

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100