Cultura
Reapertura dos servizos presenciais das bibliotecas-arquivos da Fundación Penzol E F. Fernández del Riego. Prégase ao público que siga as normas e medidas de seguridade ante o COVID-19.
Moitas grazas pola súa colaboración
Segundo establecen as normas, a biblioteca e o arquivo facilitarán a reprodución dos seus fondos coas restricións que impoñen a Lei de Propiedade Intelectual e as garantías de conservación do patrimonio bibliográfico e documental.
Normas de carácter xeral:
Os fondos poderán ser reproducidos mediante:
A Sala de consulta e lectura conta con fotocopiadora multifunción e lectores de obras dixitalizadas.
Os fondos anteriores a 1920 e aqueles outros de singular ou especial valor, só serán reproducibles en soporte dixital con marca de auga, mediante escaneado ou fotografado. Poderase solicitar saída impresa a partir da copia dixital.
Prezos das reproducións | |
---|---|
Fotocopia | 0,30 |
Copia dixital | 1 |
Fotografía | Conforme orzamento de profesional |
En cumprimento do establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e o Consello de 27 de abril de 2016 (Regulamento Xeral de Protección de Datos Persoais) infórmase:
Responsable do tratamento
O responsable do tratamento e a Fundación Penzol con C.I.F. nº G36623171, Casa Galega da Cultura de Vigo, Praza da Princesa nº 2, 36202-Vigo; teléfonos 986 22 64 59 e dirección de correo electrónico casagalegacultura@vigo.org
Finalidade
A Fundación Penzol informa os seus usuarios que o tratamento de datos se pode empregar coas seguintes finalidades:
Os datos persoais proporcionados conservaranse en atención á prestación de servizos e mentres a Fundación realice actividades que precisen de divulgación entre os seus usuarios e estes non procedan a revogar o seu consentimento.
Lexitimación
A base xurídica para o tratamento e o consentimento da persoa interesada. O tratamento de datos compre para beneficiarse dos servizos prestados pola Fundación Penzol.
Destinatarios
A Fundación Penzol non subministrará datos persoais a terceiros.
Dereitos
A Fundación Penzol informa os usuarios da posibilidade de exercer os seguintes dereitos:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100