Xerencia Municipal de Urbanismo

Oficina de Rehabilitación

Oficina Municipal Xestora da Rehabilitación da Vivienda

A Oficina de Rehabilitación está encargada de tramitar as axudas establecidas e comprometidas para a posta en valor dos ámbitos históricos de Casco Vello e Bouzas e doutros como Coia, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque e recentemente os de Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e descontinuo de Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas. Tamén suxire intervencións nos espazos públicos, alicientes que se valoran para xerar novas actuacións nestas áreas da cidade.

Desde esta Oficina estamos tramitando a primeira convocatoria de axudas dos Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declarados polo Concello de Vigo, encadrados no 1º Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, dentro do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Ao mesmo tempo estase a traballar na apertura de futuras convocatorias de axudas para as ARIs do Concello.

Calquera persoa interesada en recibir información ou en que se realice unha visita ao inmoble a rehabilitar nos ámbitos ARI ou ERRP, pode presentar por rexistro na Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo o seguinte formulario xunto coa documentación acreditativa correspondente (da titularidade do inmoble e o DNI/CIF do solicitante).

Pechada a 1ª convocatoria de axudas para os ERRPs do Concello de Vigo

Está prevista a apertura doutra convocatoria proximamente.

O seis de outubro de 2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos de Rehabilitación.

O once de maio de 2023 asinouse o acordo entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda urbana. E o dezasete de agosto de 2023 publicáronse “Bases reguladoras de subvencións para a rehabilitación de actuacións incluídas no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU nos ERRPs declarados en Vigo.”
Poden consultalas no apartado de  Normativa Rehabilitación  ou no BOPPO número 158 do 17/08/2023.

área de estrategia dusi

Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal, Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas

Axudas de rehabilitación de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares.

Fondos next generation eu plan de recuperación, transformación e resiliencia

Poderán ser beneficiarios os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas unifamiliares, as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, as sociedades cooperativas, as empresas arrendatarias ou concesionarias do edificio, e as persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións, ou os inquilinos autorizados polo propietario.

As axudas máximas previstas están resumidas no seguinte cadro:

AXUDAS MÁXIMAS POR VIVENDA

SEN LIMITE DE INGRESOS FAMILIARES2*

INGRESOS FAMILIARES 2*

entre 17.640€ e 21.840€

INGRESOS FAMILIARES 2*

17.640€

 

VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL

VIVENDA UNIFAMILIAR

VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL

VIVENDA UNIFAMILIAR

Aforro enerxético 1*

Porcentaxe máxima orzamento

Contía máxima vivenda

Contía máxima locais/m²

Porcentaxe máxima orzamento

Contía máxima vivenda

Porcentaxe máxima orzamento

Contía máxima vivenda

Porcentaxe máxima orzamento

Contía máxima vivenda

Porcentaxe máxima orzamento

Contía máxima  vivenda

Entre 30 % e 45 %

40 %

8.100 €

72 €

60 %

12.150

60 %

13.530,00

100 %

20.250

100 %

22.550,00

Entre 45 % e 60 %

65 %

14.500 €

130 €

75 %

16.731

75 %

18.404,10

100 %

22.308

100 %

24.538,80

+ 60 % aforro

80 %

21.400 €

192 €

90 %

24.075

90 %

26.482,50

100 %

26.750

100 %

29.425,00

1* O aforro no consumo enerxético mínimo é dun 30% e tamén se deberá acadar unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de alo menos un 25%.

2* Os ingresos ponderaranse de acordo coa composición da unidade familiar.

 

Para atención presencial:
Recomendable solicitar cita previa no teléfono 986 220 758
Para calquera información adicional pode acceder a http://hoxe.vigo.org/

 

Servizos que se prestan

  • Asesoramento técnico, visitas técnicas, suxestións de intervención óptima nos inmobles, supervisión de orzamentos e facturas.
  • Información de axudas dos distintos plans de vivenda.
  • Información das axudas compatibles dentro dos ámbitos e liñas de financiamento:
    • Conxuntos históricos,
    • Patrimonio histórico municipal,
    • Consorcio do Casco Vello,
    • IDAE,INEGA, IGAPE, etc...
  • Información aos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores
  • Redacción de documentación técnica para a obtención de licenzas de obras menores.
  • Seguimento de tramitación das licenzas solicitadas.
  • Estreita colaboración cos propietarios e propietarias.
  • Colaboración con servizos sociais en casos de insolvencia.

Delimitación das Áreas de Rehabilitación e dos ERRPs declarados no Concello de Vigo

Na cidade de Vigo están declaradas oito Áreas de Rehabilitación Integral, a do Casco Vello en 1997, en 2003 a do Barrio Histórico de Bouzas e en 2015 declaráronse as Areas de Rexeneración e Renovación Urbana do Grupo de Casas de Santa Clara e a de Bueu-Moaña en Coia, nestá última aprobouse unha ampliación en 2018 e por último, no ano 2021 declaráronse as Areas de Rehabilitación de Ámbitos Urbanos de Beiramar, San Roque, Espiñeiro-Teis e San Pablo.

O 06.10.2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP):

Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas.

As delimitacións das ARIs xa declaradas coinciden coas dos novos ERRPs a excepción de Coia que se amplía.

Todas as delimitacións das ARIs e dos ERRPs do Concello pódense consultar nos seguintes enlaces:

Axudas nas ARIs Declaradas

  • As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 19ª do Casco Vello, a Fase 14ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 6ª das rúas Bueu-Moaña en Coia, Fase 5ª de Santa Clara e Fases 1ª de Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 30 de setembro de 2028.
  • As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 18ª do Casco Vello, a Fase 13ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 5ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e Fase 4ª de Santa Clara. Ditas actuacións están en proceso de selección e deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2027
  • As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 17ª do Casco Vello, a Fase 12ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 4ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e a Fase 3ª de Santa Clara. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2026.
  • As incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE 61 de 10/03/2018), correspondentes coa Fase 16ª do Casco Vello, a Fase 11ª do Barrio histórico de Bouzas, a Fase 3ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e a Fase 3ª de Santa Clara. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de agosto de 2025.
  • As incluídas na Prórroga do Plan Estatal de fomento do alugueiro de vivendas, a rehabilitación e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (BOE 298 do 10/12/2016), correspondentes coas Fases 13ª, 14ª e 15ª do Casco Vello, as Fases 8ª, 9ª e 10ª do Barrio histórico de Bouzas, as Fases 1ª e 2ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e as Fases 1ª e 2ª de Santa Clara. Ditas actuacións deberán estar rematadas e xustificadas antes do 15 de novembro de 2023.

Outras axudas complementarias

Neste apartado incorpóranse programas de axudas compatibles coas axudas nas ARIS.

  • Resolución e Extracto do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024 con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).
  • Resolución e Extracto do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento VI501A).
  • Resolución e Extracto do 22 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).
  • Axudas para a instalación de ascensores, mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios residenciais existentes para o ano 2023.
  • Axudas para a iluminación de edificios históricos, correspondente ao exercicio 2023.
  • Resolución e Extracto do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).
  • Resolución e Extracto do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).
  • Resolución e Extracto do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).
  • Orde e Extracto do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT104B).
  • Resolución e Extracto do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).
  • Resolución e Extracto do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).
  • Resolución e Extracto do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

Outras axudas

Neste apartado incorpóranse outros programas de axudas:

  • Resolución e Extracto do 27 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivendas protexidas (código de procedemento VI420C).
  • Resolución e Extracto do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F)
  • Resolución e Extracto do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).
  • Resolución do 19 de xaneiro de 2022 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI422F e VI406A).
  • Resolución e Extracto do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento VI408O, VI408P e VI408Q).
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100