Logos

Mellora accesibilidade peonil Romil- Hispanidad

N.º Expediente convocatoria ZBEMRR/22/00151: Vigo Vertical-Mellora accesibilidade peonil Romil-Hispanidade. (Código actuación: P06_L2-20220927-4)

Descrición do proxecto:

Esta actuación sitúase na Avda. Hispanidade, entre as Rúas Amor Ruibal e Feliciano Rolán, dando continuidade ás intervencións realizadas recentemente polo Concello de Vigo neste mesmo itinerario entre Gran Vía e a Rúas Zamora.
Actualmente ámbalas rúas (Romil e Hispanidade) posúen un nexo a través dunha escaleira metálica en moi malas condicións que resolve a diferenza de cota existente entre ámbalas duas rúas.

A actuación en si mesma trátase dun enlace que consolidará un corredor peonil na conexión da zona alta do barrio co centro da cidade, para o que se proxecta a incorporación dun ascensor, que xunto cunha nova escaleira, substituirán e consolidarán o paso existente que resolve a diferenza de cota entre as dúas rúas, achegando ao peón unha nova accesibilidade ao servizo do cidadán. Nou só contribuirá a facilitar a accesibilidade aos usuarios con dificultades de movemento, senón tamén servirán de apoio a todos os usuarios de maior idade ou simplemente ao uso cotián dos cidadáns que poidan necesitar o seu uso para axuda a subir con algunha carga, carro de bebés, etc. Resulta unha conexión moi importante de face a resolver a accesibilidade peonil respecto ao resto da cidade nunha zona cunha cota moi elevada respecto ao resto do tecido urbano. Así mesmo, humanizaranse 170 metros de rúa, con mellora dos anchos das beirarrúas para facelas accesibles e un incremento xeneralizado do espazo reservado para o peón.

O obxecto da actuación é, por tanto, a mellora da accesibilidade universal mediante a incorporación dun ascensor que resolva o acceso de persoas con mobilidade reducida, a modificación da sección da rúa en favor do peón,  minorando o espazo do viario destinado aos vehículos motorizados e reordenándoos para a súa optimización, así como a mellora indirecta da seguridade viaria da propia rúa.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 1679-441

Estado de execución: 

  • Importe adxudicado da actuación: 1.152.478,71 €
  • Subvención outorgada: 945.527,87 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. En desenvolvemento
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2 foto 2

Actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100