Logos

Mellora de accesibilidade corredor Travesía de Vigo - Rúa Aragón

N.º Expediente convocatoria ZBEMRR/22/00151: Vigo Vertical- mellora de accesibilidade corredor Travesía de Vigo Rúa Aragón. (Código actuación: P06_L2-20220927-5)

Descrición do proxecto: 

O ámbito obxecto de estudo é un tramo da Rúa Aragón que presenta grandes deficiencias en materia de accesibilidade peonil, cunha rampla de elevada pendente, que salva unha gran diferenza de cota, o que penaliza a mobilidade peonil na contorna ao dificultar tamén a conexión coa zona alta, con multitude de servizos na contorna.

A actuación consiste na potenciación do uso peonil da área descrita mediante a execución dunha rampla mecánica de subida, facilitando a mobilidade nunha rúa con alta pendente, xunto coa incorporación dun ascensor e a humanización da rúa que, combinadas entre si, dan unha solución integral a este importante itinerario peonil. Desta forma suprímense as barreiras arquitectónicas nas vías e pavimentos públicos, mellórase a mobilidade peonil con incorporación de elementos de transporte mecánico multimodal para favorecer os desprazamentos urbanos, increméntase a eficiencia enerxética dos servizos públicos, regúlase o viario urbano para a potenciación da mobilidade peonil, etc. Todos eles aspectos transversais que axudan a vertebrar o eixo configurado de conexión entre Rúa Aragón e Travesía de Vigo, ao mesmo tempo que favorecerán a comunicación urbana entre zonas de interese social e comercial. No ámbito de actuación diferéncianse dúas áreas:

  1. A zona central: cun anel que permite o xiro dos vehículos, e dúas zonas verdes. Esta área dá acceso a unhas escaleiras públicas que comunican coa Travesía de Vigo. Nuns dos lados desta zona existe unha área de xogo de nenos.
  2. Rúa corredor: a zona que comunica a parte central coa Rúa Aragón configúrase actualmente como unha rúa "corredor" cunha calzada central e beirarrúas a ámbolos dous lados. O ámbito ademais de ser unha zona de acceso á zona xogos de nenos, xardíns e aos portais dos edificios é unha zona de comunicación entre a Travesía de Vigo e a Rúa Aragón, a través dunhas escaleiras.

Con esta actuación búscase humanizar e mellorar a accesibilidade entre Travesía de Vigo e Rúa Aragón, formado por unha rúa sen saída e pendente longitudinal suave. Manterase o único acceso rodado existente, transformándoo nunha plataforma única con prioridade para os peóns, mellorando o tránsito destes mediante itinerarios continuos e seguros. Ademais, renovaranse integramente as escaleiras de conexión existentes e integrarase un ascensor mecánico.

Publicación licitación: 

Estado de execución rampla mecánica:

  • Importe adxudicación da actuación: 870.588,53 €
  • Subvención outorgada: 654.086,05 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. Pendente de certificación final
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Estado de execución ascensor:

  • Importe adxudicación da actuación: 720.180,03 €
  • Subvención outorgada: 536.422,08  €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. Pendente de certificación final
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2 foto 3 foto 4 foto 5 foto 6 foto 7

Actuacións comunicación:

 

 

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100