Logos

Medios mecánicos de transporte peonil Rúa Ramón Nieto, Centro de Saúde

N.º Expediente convocatoria ZBEMRR/22/00151: Vigo Vertical-Implantación medios mecánicos de transporte peonil Rúa Ramón Nieto, Centro de Saúde. (Código actuación: P06_L2-20220927-2)

Descrición do proxecto:

Esta actuación sitúase en chan urbano consolidado, nunha rúa de carácter secundario dentro da rede viaria da cidade, que serve de nexo entre o principal viario da parroquia e unha das vías principais da cidade, a Avenida Ramón Nieto, conectando a súa vez con dous dos polos de atracción máis importantes da zona: o Centro de Saúde de Lavadores e o CEIP Fonte Escura. Por tanto, a travesía funciona principalmente como un viario de servizo para o uso dos dous equipamentos, quedando nun plano secundario o uso que fan da vía os residentes da zona ou os usuarios do parque anexo. Ademais, estes dous centros xeradores de viaxes atópanse a unha cota moi elevada respecto da principal vía de comunicación que lles dá acceso, a Avenida Ramón Nieto, o que dificulta o tránsito peonil para os colectivos máis vulnerables: persoas de idade avanzada e escolares. Por último, co paso do tempo, o espazo urbano e os servizos da zona de actuación, quedáronse desfasados, cunha clara marxe de mellora.

A actuación céntrase na implantación de elementos mecánicos de transporte peonil, a creación de novos espazos para o peón mediante a reordenación do viario, mellorando e modernizando da rúa a través dos seus pavimentos, mobiliario e espazos verdes; que favorezan a redución dos desprazamentos motorizados grazas á potenciación dos itinerarios peonís.

En conclusión, o obxectivo primordial do proxecto é mellorar a mobilidade peonil facilitando os itinerarios existentes, implantando elementos mecánicos de transporte peonil e reordenando os espazos urbanos, potenciando o espazo do peón fronte ao do coche e recuperando a rúa como espazo de relación entre as persoas e o medio urbano, favorecendo o acceso peonil ao centro de saúde de referencia nesta zona así como ao colexio.

Publicación licitación:  Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 1373-441

Estado de execución:

  • Importe adxudicado da actuación: 1.730.138,74 €
  • Subvención outorgada: 1.349.638,24 €
  • Grao de execución: En desenvolvemento
  • Importe total executado: 0 €. En desenvolvemento
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2

 

Actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100