Logos

Mellora accesibilidade contorna Centro de Saúde de Teis

N.º Expediente convocatoria ZBEMRR/22/00151: Vigo Vertical-Mellora accesibilidade contorna Centro de Saúde de Teis. (Código actuación: P06_L2-20220927-3)

Descrición do proxecto:

Esta actuación sitúase na contorna do Centro de Saúde de Teis, na Rúa Ángela Igrexas Rebollar. Con esta actuación búscase salvagardar o gran desnivel existente no primeiro tramo desta rúa, con pendentes que chegan até un 15%, proxectando unha rampla mecánica cuberta no eixo da calzada que permita acceder peatonalmente dunha forma accesible ao Centro de Saúde. Na confluencia da rúa co Centro de Saúde proxéctase unha zona de preferencia peonil, mediante a execución dunha plataforma compartida que enlaza coa rampla mecánica e que dá acceso directo ao equipamento sanitario. Ademais, aprovéitase a actuación principal para dar continuidade á mellora urbana até o parque infantil que se atopa uns poucos metros máis abaixo, de forma que se teña un itinerario peonil seguro, continuo e accesible até o parque infantil.

Para iso, co obxecto de salvagardar o gran desnivel existente no primeiro tramo da rúa e mellorar as condicións do acceso ao centro de saúde, proxéctase unha rampla mecánica que comeza despois do paso peonil situado no cruzamento coa avenida de Galicia. Esta rampla mecánica ten unha lonxitude de 48,5 metros e unha pendente longitudinal de 17,4%, podendo transportar a 6.000 persoas á hora. Por outra banda, elimínanse todas as prazas de estacionamento situadas no primeiro tramo desta rúa para gañar ese espazo para o peón (ao reservarse para a execución da rampla e zonas anexas), sumando unha superficie de máis de 500 m2 que anteriormente se empregaban como aparcadoiro.

En conclusión, o obxectivo primordial do proxecto é mellorar a mobilidade peonil facilitando os itinerarios existentes, implantando elementos mecánicos de transporte peonil e reordenando os espazos urbanos, potenciando o espazo do peón fronte ao do coche e recuperando a rúa como espazo de relación entre as persoas e o medio urbano; favorecendo o acceso peonil ao centro de saúde de referencia nesta zona así como ao parque infantil frecuentado por nenos e familias.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 1271-441

Estado de execución:

  • Importe adxudicado da actuación: 1.245.186,44 €
  • Subvención outorgada: 972.971,67 €
  • Grao de execución: Finalizado
  • Importe total executado: 1.369.546,74 €
  • Importe final subvención xustificado: Pendente de tramitar

Galería de imaxes do proxecto:

foto 1 foto 2

Actuacións comunicación:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100