Actualidade
Temática: App Vigo Administración electrónica
Data de publicación: 2025-06-17
O Concello de Vigo amplía hoxe o alcance de Vigo25, o seu buscador intelixente da web e a app Vigo municipal, coa posta en marcha de dous bots oficiais na plataforma de mensaxería Telegram. A partir de agora, calquera persoa poderá obter respostas inmediatas sobre trámites, servizos e actualidade local enviando unha simple mensaxe ao bot de Telegram.
Como funciona
Para poder usar Vigo25 en Telegram primeiro hai que buscar o bot e activalo desde a app Telegram:
Con Vigo25, a cidadanía gaña unha canle directa, inclusiva e sen barreiras para consultar a información municipal. O uso da procura en linguaxe natural elimina a necesidade de navegar menús complexos ou coñecer terminoloxía administrativa: basta con preguntar en linguaxe natural reducindo así a fenda dixital.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100