Protección Civil

Grupos e funcións

O organigrama actual está composto por:

  • Coordinador do Servizo: Alberto Rodríguez Rey
  • Presidente da Xestora: Jesús Raúl Epifanio Lemos

Grupos

O equipo de persoas que integran esta agrupación de voluntarios sen animo de lucro está composto por:

  • Voluntarias ou voluntarios: son persoas constantes, que cobren os servizos mínimos e infórmaselle de cada un deles cada fin de semana.
  • Colaboradores: son persoas ás que se avisa en caso extremo de falta de persoal ou en servizos multitudinarios.

Pola situación dos servizos temos que dividir entre terra, mar e formación, esta última é un grupo diferente pero que traballa conxuntamente cos dous primeiros.

  • Dentro de a unidade de terra temos a seguinte división:
    • Reténs: son servizos de prevención, intervención e planificación, nos que un certo número de persoas co seu correspondentes equipos están preparados para calquera aviso que poidan ter do 112.
    • Bicis: é unha sección que sae principalmente para cubrir as praias, marchas ciclistas, cabalgatas,..
    • Socorros: é un grupo formado por socorristas, que están constantemente actualizando os seus coñecementos.
  • A unidade de mar é unha unidade que funciona diariamente no verán, desde xuño a setembro. Nos días laborais sae unha embarcación cun patrón, un socorrista e un tripulante. Os fins de semana e festivos saen dúas embarcacións. Ademais esta unidade encárgase dos servizos como regatas, concursos de pesca, etc.
  • A parte de formación é tanto interna (na nosa base) como externa (Academia Galega de Seguridade Pública). Todos os voluntarios deben formarse nalgún tipo de especialidade.

Funcións

As funcións básicas son:

  • Previsión: análise e estudo de riscos.
  • Prevención: adopción de medidas para evitar ou diminuír o risco.
  • Planificación: elaboración de plans.
  • Intervención: actuacións para protexer ás persoas e os seus bens.
  • Rehabilitación: son as medidas posteriores ao suceso.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100