Medio Ambiente

Senda Azul: Entre Faros (Illas Cíes)

Atopámonos no arquipélago das Cíes, conformado polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño. Pertence ao municipio de Vigo e conta cunha superficie protexida de 3.091 ha, das cales 433 ha son terrestres e 2.658 ha mariñas.

Este arquipélago xunto co de Ons, Salvora e Cortegada forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A ruta “Entre Faros” aproveita o trazo de dous percorridos existentes, o do Faro de Cíes e o do Faro do Peito, ofrecéndonos unha visión máis ampla do valor e riqueza do espazo a través dun percorrido de ida e volta.

A senda iniciase ao carón da Caseta de Información, cara ao sur, sinalización amarela - Faro de Cíes, o percorrido ten 3.5 km de ida (7.0 km - ida e volta), levanos polo areal das Rodas e o seu complexo dunar, o Lago dos nenos, o Centro de Información do Parque (antigo Mosteiro de Santo Estevo) e o Faro de Cíes a 175 m sobre o nivel do mar.

Cara ao norte, sinalización vermella - Faro do Peito, temos un percorrido de 2,5 km de ida (5,0 km - ida e volta), que nos achega ao Complexo dunar de Muxieiro-Figueiras, o areal de Figueiras, o observatorio de aves e, por último, ao Faro do Peito.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100