Laboratorio Municipal
O Real Decreto 1341/2007, de 11 de outubre, sobre a xestión da calidade das augas de baño, establece as medidas sanitarias e de control necesarias para a protección da saúde dos bañistas. Dada a importancia que supón o uso das zonas de augas de baño para a saúde humana, faise necesario o establecemento de controis analíticos periódicos.
A calidade analítica da auga é o parámetro máis importante, aínda que non o único, para a concesión de Bandeiras Azuis por parte da Comunidade Económica Europea, de vital importancia para o sector turístico e económico da nosa ciudade.
Nas 24 zonas de baño habilitadas, instálase un panel informativo no que figuran os resultados obtidos na última analítica realizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación da Xunta de Galicia, así como o histórico de cualificacións e os criterios de establecemento da calidade da auga.
Durante o periodo estival, o Laboratorio Municipal mostrea augas de baño das praias do municipio, de cara a comprobar o seu estado para o baño segundo o Real Decreto e detectar calquera incidencia que poidera afectar a salubridade das mesmas.
Determinacións e criterios de cualificación sanitaria segundo o Real Decreto 1341/2007:
Determinación | Calidade | |||
SUFICIENTE | BUENA | EXCELENTE | ||
Escherichia coli | 500 | 500 | 250 | Unidades ufc/100ml ou NMP/100 ml. |
Enterococos Intestinales | 185 | 200 | 100 |
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100