Infancia

Escolas infantís e de primaria (3-12 anos)

En Vigo hai máis de 40 centros públicos que ofertan prazas para nenos de 3 a 16 anos, en xeral, e centros de Educación Especial. Estes pódense agrupar ou diferenciar nos seguintes grupos:

  • Escolas infantís dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (de 3 a 6 anos).
  • Colexios de Educación Infantil e Primaria (de 3 a 12 anos).
  • Colexios de Educación Primaria (de 6 a 12 anos).
  • Centros Públicos Integrados (de 3 a 16 anos).
  • Centros de Educación Especial (de 3 a 21 anos).

Para obter máis información sobre estes centros pode consultar o apartado de educación infantil e primaria do servizo de educación.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100