- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Educación
- Educación Infantil e Primaria
Educación
Educación Infantil e Primaria
Recomendamos que, logo de consultar a información recollida nestas páxinas, achéguense aos centros educativos para coñecelos persoalmente e poder valorar os equipamentos e servizos que prestan ao seu alumnado.
Escolas Infantís Municipais
Centros de xestión municipal do concello de Vigo a través do servizo de Educación, totalmente gratuítos, nos que se imparte o Primeiro Ciclo de Educación Infantil, de 0 a 3 anos de idade.
- Santa Cristina de Lavadores
- Atalaia de Teis
- Santa Marta do Casco Vello
- Costeira de Saiáns
- Tomás Alonso
- Bouzas
Pode consultar as características concretas de cada centro, na Guía de Centros Públicos editada pola Concellaría de Educación.
Pode obter información sobre a matriculación nestes centros, así como realizar o trámite na Oficina Virtual.
Dependentes da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, nelas impártese o Primeiro Ciclo de Educación Infantil, de 0 a 3 anos de idade.
- Caeiro
- Rosalía de Castro
- Bouzas
- Relfas
Pode consultar as características concretas de cada centro, na Guía de Centros Públicos editada pola Concellaría de Educación.Escolas de Educación InfantilDependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, nelas impártese o Segundo Ciclo de Educación Infantil, de 3 a 6 anos de idade.
- Aragón
- Hernán Cortés
- Cristo da Vitoria
- A Nogueira
- Palencia
- Monte da Guía
- Monte do Alba
- Vila Laura
- Zamáns
Recursos dispoñibles para solicitar máis información sobre cada centro:
- Guía de Centros Públicos do Concello de Vigo - Guía de centros públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Vigo, editada en formato pdf polo Servizo de Educación. Actualización de datos: curso 2011-2012. (167 páxinas, 4.18 MB).
- Web Centros Públicos - Páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, sección buscador de centros públicos.
Centros Concertados do Concello de Vigo
Co obxecto de facilitar ás familias toda a información relativa á oferta escolar presente no termo municipal, o Servizo de Educación do Concello de Vigo edita unha Guía de Centros Concertados, na que se pon en coñecemento das familias, o abanico escolar de que dispón, tanto no seu proxecto educativo, como en servizos, equipamento, instalacións e actividades extraescolares que ofrecen.
Recursos dispoñibles para solicitar máis información sobre cada centro:
- Guía de Centros Concertados - Guía de centros concertados, editada en formato pdf polo Servizo de Educación do Concello de Vigo. Actualización de datos: curso 2011-2012. (95 páxinas; 2.34 MB).
- Web Centros Concertados e Privados - Páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, sección buscador de centros concertados e privados.
