Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Noticias de Benestar Social

25/04/2013:

Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos.

 

 

 

Lista de noticias

Noticias

29/06/2017. O goberno de Vigo concede 1.947 achegas para alimentación, enerxía e vivenda

O alcalde deu conta hoxe xoves da resolución do Programa municipal de axudas a familias, dotado con 1.640.000 euros. Os beneficiarios das 1.947 achegas aprobadas este 2017 poderán pedir cita para recoller o seu cheque a partir do mércores 5 de xullo (Ver noticia en xornal.vigo.org)

16/06/2017. O rexedor destaca a "grande utilidade" do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros

Foto noticia
Abel Caballero recibiu este venres a persoas con mobilidade reducida e representantes dos taxistas da cidade para informalos sobre o programa municipal de bono taxi que, cun orzamento de 25.000 euros anuais, concede axudas de entre 100 e 300 euros aos beneficiarios, en función da súa renda. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

09/06/2017. O goberno municipal dedica máis de 10 millóns de euros á atención de maiores

Foto noticia
O alcalde comprometeu o apoio do Concello ao Padroado da Fundación Amigos dos Maiores, unha organización sen ánimo de lucro que vén de iniciar a súa actividade na cidade e destacou o investimento destinado a este ámbito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/06/2017. O Concello apoia o labor de DOA con 7.290 euros

Foto noticia
Abel Caballero asinou este luns un convenio de colaboración con APAMP, co que a asociación suma 55.000 euros de axudas municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/06/2017. O alcalde convida á cidade a participar na III Marcha sobre rodas de ASPACE

Foto noticia
Organizada pola Federación Galega de Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral, celebrarase o domingo 18 de xuño e partirá de Bouzas para finalizar en Samil
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

01/06/2017. O Concello subvenciona con 25.000 euros o desprazamento de persoas con problemas de mobilidade

A Xunta de Goberno Local aprobou a axuda dos bono-taxi dos que se benefician 98 persoas. Tamén deu luz verde á suba de prezos do contrato do servizo de Teleasistencia domiciliaria, que queda en 77.500 euros, así como ao convenio coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo cun importe de 170.000 euros.
(Ver noticia en xornal.vigo.org)

19/05/2017. O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións

Foto noticia
O alcalde de Vigo asinou este venres sendos convenios de colaboración do ámbito de Políticas de Benestar, para respaldar os programas sociais da Asociación Española contra o Cancro, Alborada, Menela e da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

05/05/2017. O Concello tingue as fontes de Aragón para concienciar da enfermidade de Huntington

Ao igual que outras cidades do mundo, Vigo súmase á campaña de concienciación e visibilidade da enfermidade de Huntington e iluminará de azul e púrpura as fontes da rúa Aragón na noite deste venres, a partir das 21:30h. Así o informou esta mañá o alcalde, Abel Caballero. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/04/2017. O Concello pechará por motivos de seguridade o albergue da rúa Toledo

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o informe emitido por Bombeiros insta ao peche inmediato do albergue da rúa Toledo porque non reúne condicións de seguridade nin para os usuarios nin para os veciños da edificación. O Concello, polo tanto, xa está a realizar os trámites precisos previos ao precintado destas instalacións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

12/04/2017. O goberno de Vigo dedica 709.000 euros ás vítimas da violencia de xénero

Abel Caballero destacou o investimento do Concello na protección das mulleres que sofren violencia de xénero cun equipo de axentes da policía local que atende actualmente a 175 mulleres e o financiamento do Centro de Atención para toda Galicia con 250.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)