Servicios Sociales

Noticias de Benestar Social

Lista de noticias

Noticias

2026-07-27. O Concello insta á Xunta a iniciar os trámites para executar un novo encoro no río Oitavén

Foto noticia
O Pleno deste mes de xullo deu luz verde á moción socialista para que o Goberno autonómico asuma as súas obrigas e garanta o abastecemento de auga do sur da provincia de Pontevedra. Amais, quedou aprobada unha moción para esixir á Xunta que cumpra co Servizo de Axuda no Fogar. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-22. O Goberno local adxudicou esta semana 85 novas axudas de emerxencia

Foto noticia
Os apoios aprobados pola comisión municipal na última semana ascenden a 25.000 euros. A maior parte, cunha asignación de 16.766 euros, están destinados a solucionar problemas de vivenda. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-21. O Goberno local prorroga o servizo de atención domiciliaria á infancia

Foto noticia
O alcalde explicou que o Concello destina ao programa Kanguros 187.000 euros ao ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-17. A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo recibirá 232.000 euros para desenvolver 115 concertos

Foto noticia
A Xunta de Goberno do Concello aprobou hoxe o acordo coa organización que reúne a nove bandas de música da cidade para que durante todo o ano desenvolvan un extenso programa de concertos dos programas "Vigo, un mar de bandas", "Vigo, bandas nos torreiros" e "Aulas de música". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. Caballero destaca o "valor infinito" das familias de Vigo que acollen no verán a máis de cen nenas e nenos saharahuis

Foto noticia
O alcalde destacou este xoves o valor do traballo que realiza a ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharahui a través do programa "Vacacións en Paz", á vez que agradeceu ás familias de Vigo a súa decisión de acoller aos nenos que viven no campamento de Tinduf. "Esta cidade é a vosa cidade", afirmou Caballero ao reiterar o apoio do Gobierno municipal a unha iniciativa solidaria que cada ano facilita a estancia na cidade a máis de 100 nenos e nenas. Maite Isla, presidenta de SOGAP, afirmou que "somos a envexa de toda España en familias de acollemento e polo apoio do alcalde de Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-15. O Concello destina 52.000 euros a impulsar a innovación e a inserción social a través do emprego

Foto noticia
Abel Caballero anuncia novas axudas para proxectos de investigación e para o programa de agricultura ecolóxica "Verdear" da asociación Alborada. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-08. O Servizo Municipal de Axuda no Fogar atendeu a 988 persoas no mes de xuño

Foto noticia
Abel Caballero saúda este mércores ás persoas usuarias do dispositivo de apoio domiciliario que participan na festa de verán organizada polo Concello no Hotel Pazo dos Escudos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. O Concello organizará un concerto solidario con Venezuela

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este luns ao cónsul venezolano, Martín Pacheco Morillo, que a recadación do acto convocado polo Goberno municipal irá destinada a financiar as principais necesidades das vítimas dos terremotos, entre as que destacan, alimentos, auga e medicamentos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-02. Vigo activa un dispositivo especial ante a vaga de calor para reforzar a atención ás persoas sen fogar

Foto noticia
Segundo explicou o alcalde, esta acción implica novas prazas para acollida nocturna, a ampliación da atención diúrna e un reforzo da unidade de rúa para asistir ás persoas máis vulnerables. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-16. O Concello ofrece actividades interxeracionais de ocio e benestar para 4.000 participantes este verán

Foto noticia
O luns 29 de xuño arrincará o programa gratuíto "Verán activo nas prazas", que este ano contará con dúas novidades: dobre sesión diaria de actividades de saúde e diversión en dúas prazas da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100