Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Separación e reciclaxe en orixe da materia orgánica

Separación e reciclaxe en orixe da materia orgánica mediante compostaxe doméstica "in situ", Expediente BIOR-126-2023-RES: Pertencente á liña 2 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Código do procedemento MT975P.

Descrición do proxecto: Dentro desta liña optar por instalar inicialmente composteros  individuais  en vivenda illadas do rural e en 2024 instaláronse 3.000 máis o que supón a participación de 9.000 habitantes no proxecto, un 10% da poboación do rural.

Os participantes seleccionados tras abrir unha convocatoria pública de solicitudes, estaba dirixida a familias cuxa vivenda contase cunha parcela como mínimo de 50 m², primando que fose residencia habitual.

Máis da metade dos residuos que diariamente se producen nos fogares, son restos de comidas, mondas de froitas, cascas de ovos… Residuos aos que se lle pode dar unha segunda oportunidade converténdoos en abono orgánico. Coas instalacións de composteros individuais previstas realizouse unha previsión para o ano 2024 de 1.445,40 toneladas de biorresiduos  tratadas ao ano. A compostaxe supón un aforro de 46 Kg/Tn, que se traduciría nun aforro de case 66,49 TN de gases de efecto invernadoiro ao ano.

Para chegar a este obxectivo realizáronse no ano 2023 diversas campañas en medios (Redes Sociais, Prensa local, etc) así como no ano 2024, 6.000 accións de formación co fin de chegar á poboación.

Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 7645-252 

Estado de execución: 

  • Subvención outorgada: 57.780,00 € (2023) e 447.120,00 € (2024)
  • Grao de execución: Finalizado
  • Importe total executado: 70.620,00 € (2023) e 635.580,00 € (2024)
  • Importe final subvención xustificado: 504.900,00 €

Galería de imaxes do proxecto: 

foto 1 foto 2

 

Link actuacións comunicación:

Solicitude dun colector individual para o tratamento de residuos orgánicos no Concello de Vigo

Instagram: Publicación 1publicación 2, publicación 3

Facebook:

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100