Plan de recuperación, transformación e resiliencia
Ampliación do proceso de recollida separada da materia orgánica, Expediente BIOR-126-2023-RES: pertencente á liña 1 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Código del procedimiento MT975P.
Descrición do proxecto: O Concello de Vigo na actualidade conta cun sistema de recollida separada de residuos no centro urbano no que ademais xa hai en marcha un proxecto de recollida separada da materia orgánica que está a aplicarse a todo o centro urbano, co cal, xa está iniciado o proceso de implantación e difusión entre a cidadanía de que este será o modelo escollido para o centro urbano.
Por tanto, a través da concesión das axudas execútase a ampliación das accións de dinamización entre as familias no centro urbano para a implantación da recollida separada de materia orgánica, marcando un obxectivo de 17.000 vivendas participantes na recollida separada.
No centro urbano optouse pola recollida en colector pechado a pé de rúa, para o que se usaron colectores de carga lateral de 2.000 litros. Para acceder a estes colectores é necesario usar a tarxeta cidadá “Pass Vigo”, polo que a súa implantación require articular accións de información. Estas accións por medio de actividades a pé de rúa son; acción de promoción en medios de comunicación e en centros escolares.
As estimacións da cantidade de compost producido pola cantidade total de biorresiduos recolleitos no proxecto para grandes produtores e cunha estimación anual sería:
VIVENDAS |
GRANDES PRODUTORES |
COMPOST PRODUCIDO |
---|---|---|
4914 Tn | 3276 Tn | 2457 Tn |
Doutra banda, a estimación da redución dos gases de efecto invernadoiro sería considerable, estimando a redución contorna ás 24,57 Tn anuais.
Publicación licitación: Plataforma de contratación do sector público. Expediente: 7645-252
Estado de execución:
Galería de imaxes do proxecto:
Link actuacións comunicación:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100