Cultura e arte

Igrexas e capelas

No séc. XII, segundo os historiadores, dúas eran as igrexas que posuía a cidade de Vigo no seu núcleo urbano (Santa María e Santiago de Vigo), das cales ningunha se conserva na actualidade; e 15 eran os templos románicos situados nas diferentes parroquias dos arredores, dos cales tan só se conservan intactos tres: Santa María de Castrelos, Santiago de Bembrive e San Salvador de Coruxo.

Paulatinamente, co paso dos anos e o constante crecemento demográfico da cidade, fóronse construíndo novas igrexas (de distintos estilos arquitectónicos), aumentando así o seu número até a actualidade.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100