Cultura e arte

Igrexa de Nosa Señora de Fátima

  • Arquitecto: Antonio Cominges Tapias
  • Ano: Ano de finalización, 1959
  • Localización: Rúa Pino, 88

Destaca na fachada deste templo unha torre esvelta. Toda ela está realizada en cantería.

O interior destaca pola súa amplia capacidade, preto de 500 persoas sentadas e o seu retablo.

Este templo consta dun mosaico no retablo, obra de Santiago Padrós y Elias. Nel represéntanse os principais misterios da Cova de Iria. No centro, a Virxe (que é imaxe exenta) está sobre a árbore da aciñeira como nas súas aparicións de 1917; a un lado o anxo que, un ano antes, en tres ocasións, se lles aparecera aos tres pastorciños –Lucía, Xacinta e mais Francisco– preparándoos para o encontro coa Nosa Señora; ao outro lado, abaixo, os videntes, e, en altura, recóllese o fenómeno da danza do sol, ocorrido o 13 de outubro de 1917, visto por unhas cen mil persoas, varios miles delas a non poucos quilómetros de distancia.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100