Actualidade

Avisos

Gala de entrega do XIV Premio de Igualdade Ernestina Otero

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2026-03-05

O Consello Municipal da Muller de Vigo distingue co XIV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Ana María García Costas.

A entrega do premio realizarase no transcurso dunha gala que terá lugar o venres 20 de marzo ás 20:00 no salón de recepcións da Sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.

As persoas que desexen asistir deben inscribirse previamente na oficina de Igualdade, no teléfono 986 810 284 ou no email ofi.muller@vigo.org.
Será necesario comunicar o nome completo (nome e apelidos) e o número de teléfono de cada persoa que se inscriba. O aforo é limitado. Desde a  organización confirmarase a dispoñibilidade de praza.
En arquivo adxunto pódese descargar a invitación coa información.

Esta actividade enmárcase no programa de actos que o Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller organizan en marzo con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller.

Documentación

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100