Actualidade

Avisos

Aberto o prazo de inscrición para participar no programa de actividades da Casa das Mulleres: xaneiro-xuño 2025

Temática: Igualdade

Data de publicación: 2025-01-13

Aberto o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no primeiro semestre do ano:

  • OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”. 42 horas desde xaneiro a xuño

  • OBRADOIRO “TEATRO COMUNITARIO”. 34 horas desde xaneiro a maio

  • CURSO “INICIÁNDONOS NO FEMINISMO”. 15 horas desde abril a maio

  • OBRADOIRO DE AUTOESTIMA FEMININA: TI, O VALES. 26 horas desde febreiro ata maio

  • OBRADOIRO DE AUTOCUIDADO. 8 horas desde abril a maio

  • FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER. 25 horas de marzo a abril

  • OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”. 15 horas de febreiro a xuño

Proceso de inscrición para todos os cursos:

  • Prazo de inscrición: aberto o prazo ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre ten unha ficha específica.

  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org 

    ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Máis información nos documentos adxuntos

 

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100