Actualidade
Data de publicación: 2026-01-09
Por mor das labores de desmontaxe das atraccións de Nadal, infórmase ao público dos desvíos que continúan activos para as liñas que prestan servizo nas inmediacións das rúas Areal, Policarpo Sanz e García Barbón.
As liñas que circulan dende Cánovas del Castillo, dirección Urzáiz, desviaranse por: Carral, Marqués de Valladares, Colón e ruta normal. (Liñas A, C1, L5A, L15B, L15C, L28 e N4).
As liñas que circulan dende Cánovas del Castillo, dirección García Barbón, desviaranse por: Carral, Marqués de Valladares, Rosalía de Castro, Oporto, García Barbón e ruta normal. (Liñas C3d e L10).
As liñas que circulan dende Urzáiz, dirección Policarpo Sanz, desviaranse por: República Argentina, García Barbón, Policarpo Sanz e ruta normal. (Liñas A, L5A, L11, L15B, L15C, L28 e N4).
As liñas que circulan dende Urzáiz, dirección García Barbón, desviaranse por: República Argentina, García Barbón e ruta normal. (Liñas L5B e L17).
As liñas que circulan dende García Barbón, dirección Colón, manterán o seu percorrido habitual sen realizar a parada de García Barbón, Nº7. (Liñas C3i, L4A, L4C, L5B, L7, L10, L12B, L16, L17 e N1).
As liñas L9B e L18A rematan percorrido en Urzáiz, Nº 13 e comezan percorrido en Urzáiz-Príncipe.
A liña L24 dende a FF.CC. Guixar circulará por: Areal, Canceleiro, García Barbón e Colón.
A liña H1 dende Gaiteiro Ricardo Portela por: Cánovas del Castillo, Carral, Marqués de Valladares, Colón e Policarpo Sanz.
As viaxes de PSA e H2 comezarán percorrido na parada de García Barbón, Nº 28.
A viaxe como R-A dende a FF.CC. Guixar por: Areal, túnel Beiramar, Beiramar e Gaiteiro R. Portela.
A parada de García Barbón, Nº 7 continúa inactiva para tódalas liñas.
Paradas anuladas
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100