Actualidade
Data de publicación: 13-01-2026
Data de inicio: 12-01-2026
Data de fin: 23-01-2026
Poñemos en coñecemento do público en xeral que, por mor da obra promovida por UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, consistente na execución dunha canalización na rúa Breadouro, entre o número 18 e o cruzamento coa rúa Fontenla, entre as 08:00 h do día 12 de xaneiro e as 20:00 h do día 23 de xaneiro, a realizar pola empresa Edelne, S.L., permanecerá pechada ao tráfico a rúa Breadouro (Camiño) n 18 (Coruxo), con acceso exclusivo para garaxes, servizos públicos e carga e descarga, dende o 12 de xaneiro de 2025 ás 10:00 horas ata o 23 de xaneiro de 2025.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100