Actualidade

Avisos de tráfico

CORTE TRÁFICO NA RÚA CAMBESES

Data de publicación: 01-12-2025

Data de inicio: 01-12-2025

Data de fin: 09-12-2025

Poñemos en coñecemento do público en xeral que, por mor da obra de execución da acometida de

saneamento do inmoble situado na C/ Cambeses, 31, a realizar pola empresa FCC Aqualia Vigo UTE, permanecerá pechada ao tráfico a rúa Cambeses (Lavadores), á altura do no 31, dende o día 1 de decembro de 2025 ás 10:00 horas ata o día 9 de decembro de 2025 ás 20:00 horas

O acceso quedará restrinxido exclusivamente para garaxes, servizo público, emerxencias e operacións de carga e descarga.

Regulación do tráfico durante o período da obra:

? Dende rúa Curros e rúa Muiños:

O tramo correspondente da rúa Cambeses pasará a ser de dobre dirección, quedando prohibido

o estacionamento para garantir o acceso ao colexio.

? Dende a intersección entre rúa Ría e camiño Fermín:

O tramo de acceso á rúa Cambeses ata o punto de corte quedará limitado só a entrada e saída

para garaxes, emerxencias, servizo público e carga e descarga.

Igualmente, prohíbese o estacionamento neste tramo para facilitar as manobras de acceso.

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100