Actualidade
Data de publicación: 08-06-2025
Data de inicio: 16-06-2025
Data de fin: 20-06-2025
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización colector exterior, a realizar pola empresa Ute Urb. Polig. 1 Navia , estará pechada ao tráfico a rúa XUNCAL (NAVIA)(RUA) saída do paso inferior da VG-20, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, conexión do treito final do colector ao pozo existente no centro do vial da rúa Xuncal, na saída do paso inferior da VG-20. Por esta razón, as obras a executar obrigan a pechar tanto a saída coma o acceso á Rúa Xuncal durante, alomenos, os tres días que pode durar a actuación. Implantarán unha sinalización temporal á altura da Rúa da Pedra Seixa para evitar que os usuarios, salvo os residentes, accedan ao vial en dirección ao paso inferior. dende o 16 de xuño de 2025 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100