Actualidade
Data de publicación: 27-09-2024
Data de inicio: 30-09-2024
Data de fin: 30-11-2024
Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de saneamento, a realizar pola empresa Civis Global Sl , estarán pechados ao tráfico os carris lado impares de Teixugueiras dende a rotonda do Froiz até a rotonda de Teixugueiras con Limpiño. Os carris lado pares, no devandito treito, quedarán en sentido cara á Avda Europa. Mentres duren as obras o acceso a Teixugueiras, dende a Av Europa, será por Limpiño, Pedra Seixa. dende o 30 de setembro de 2024 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun mes.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100