Servizos cidadanía

Consumo

Oficina Municipal de Información ao Consumidor
  • Enderezo: Concello de Vigo. Praza do Rei 1, 2º andar. 36202 Vigo
  • Teléfono: 986 810 119
  • Fax: 986 810 172
  • Email: ofi.omic@vigo.org
  • Horario: de 9:00 a 13:30h.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) ten como finalidade facilitar información aos consumidores sobre os seus dereitos. Fomenta a formación de consumidores e comerciantes mediante a organización de cursiños e coloquios sobre distintas seccións do consumo, con especial atención na formación do novo consumidor e, para iso, coordínase co profesorado co obxectivo de levar a educación do consumo á escola.

Ofrece documentación sobre aquilo que lle afecte ao consumo a disposición de todas as persoas que o soliciten e consta de:

  • Test e ensaios comparativos, revistas de consumidores
  • Material audiovisual
  • Dossieres, fichas técnicas e xurídicas
  • Obras varias

Facilirá tamén información ás asociacións de consumidores e entidades profesionais, pondo á súa disposición todo o material e documentación que precisen.

Nesta oficina, aténdese calquera problema, consulta e denuncia referente ao mundo do consumidor como:

  • Inexactitude no peso
  • Etiquetado incorrecto
  • Aditivos
  • Hixiene dos alimentos e establecementos
  • Fraude comercial
  • Manipulación e conservación dos alimentos
  • Vendas a domicilio
  • Recibos de servicios de teléfono

A OMIC ofrece información ao consumidor que facilite o exercicio dos seus dereitos.

Trámites dispoñibles na Oficina Virtual:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100