Xerencia Municipal de Urbanismo

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2024-04-15. O Concello promove 27 vivendas en Esturáns que estarán rematadas en xullo de 2026

Foto noticia
O alcalde achegouse esta mañá á parcela municipal de Esturáns na que se vai construír un edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro social. O Concello xa está redactando o proxecto e as vivendas estarán rematadas en xullo de 2026. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-12. O Concello executará un acceso "seguro" ao Ceip Párroco don Camilo

Foto noticia
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para dotar ao centro educativo dunha nova entrada desde a estrada de Camposancos por un importe de 1,1 millón de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-04-09. O goberno local promove a construción de 27 vivendas de alugueiro social en Esturáns

Foto noticia
Vigo contará en Esturáns cun edificio enerxeticamente eficiente distribuído en 27 novas vivendas que sairán ao mercado en réxime de alugueiro. O Concello sacará a concurso a construción de dereito de superficie sobre unha parcela municipal co obxectivo de que xestione esta iniciativa durante 50 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-25. Comeza a obra para a construción dunha "grande praza pública" en Hernán Cortés

Foto noticia
O alcalde avanzou que o Diario Oficial de Galicia publica este luns a aprobación inicial do proxecto de reparcelamento da rúa Hernán Cortés na súa confluencia con María Berdiales e Doutor Colmeiro Laforet. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-22. A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia

Foto noticia
O alcalde celebra que a mocidade de Navia vaia dispoñer dun instituto na súa zona de residencia e valora que xa non "hai marcha atrás\" na decisión da construción, logo da sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-15. A cidade sumará unha nova praza pública de case 2.000 m2 na peonil do Calvario

Foto noticia
A peonil do Calvario contará cun novo espazo público de preto de 2.000 m2 á altura dos números 136-138 da rúa Urzáiz. Esta actuación permitirá abrir unha conexión peonil entre esta rúa e San Roque. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-11. O goberno de Vigo asume a Praza de Vialia durante 50 anos

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou o convenio entre o Concello e Ceetrus polo que a maior parte da praza pasa a ser de titularidade municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-01. O alcalde valora o "extraordinario" proxecto seleccionado para a construción de vivendas e espazos dotacionais en Barreiro

Foto noticia
O primeiro premio do concurso de ideas fallado hoxe foi para H.E.Co (Híbrido, Ecolóxico e Cohabitacional), un proxecto que recolle a construción de 88 vivendas, tamén de protección pública, un centro cívico, auditorio e aparcamento. "Un espazo referencial para uso cidadá\" en Lavadores. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-02-28. O goberno municipal desmente que o PXOM retire proteccións en Castrelos e o Castro

Foto noticia
A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, desmente as declaracións realizadas onte pola delegada da Xunta en Vigo asegurando que, fronte ás afirmacións realizadas por Ana Ortiz, no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal "non existe ningún recorte á protección e, en particular, nin de Castrelos nin do Castro. Ningún\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-02-27. O Concello solicita unha reunión \"urxentísima" para que a Xunta explique os motivos da paralización do PXOM

Foto noticia
Abel Caballero anunciou a petición dun encontro coa directora xeral da Ordenación do Territorio para coñecer as "razóns que hai detrás\" da paralización do PXOM. Cualificou de moi preocupante que a primeira decisión de Alfonso Rueda, cinco días despois das eleccións, sexa obstaculizar a tramitación do Plan Xeral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100