Gerencia Municipal de Urbanismo

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-07-17. O Concello avanza na construción da nova escola de música de Bembrive

Foto noticia
Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 21 de xullo o proxecto de expropiación dos terreos para construír o centro docente musical . (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. O alcalde reivindica o PXOM para un modelo urbano propio e afrontar os retos do futuro

Foto noticia
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o III Debate da entidade, dedicado a "Deseñar a cidade do futuro (Parte I): Urbanismo, innovación e sustentabilidade". Na xornada participaron tamén a cuarta tenente de alcalde e responsable da Área de Urbanismo e Vivenda, María José Caride; o presidente da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel Martínez Carazo; e a directora de Innovación para Mercados Estratéxicos de Gradiant, Antía Fernández López.Durante a súa intervención, o rexedor reivindicou os máis de vinte anos de transformación urbana de Vigo e defendeu o PXOM como "o elemento diferencial" para afrontar os retos da segunda metade do século, incorporando desafíos como o cambio climático, a innovación tecnolóxica e o acceso á vivenda. "Queremos liderar a transformación das cidades da segunda metade do século", sinalou Caballero, quen apostou por un modelo urbano propio e diferencial para responder ás novas necesidades da cidadanía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O Concello avanza na transformación urbanística da Praza de España

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes o inicio do estudo de detalle entre as rúas Pizarro e Porto Rico, zona 3 do ámbito. "Isto non hai quen o pare", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. Caballero defende á veciñanza e insta á Xunta a pactar as compensacións do proxecto urbanístico no Ofimático

Foto noticia
O alcalde instou á Xunta a pactar as condicións do desenvolvemento do Proxecto de Interese Turístico do Ofimático coas persoas afectadas. Explicou que o centenar de familias afectadas ten dereito a compensacións económicas axeitadas e a estar informadas con antelación suficiente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-01. O Goberno local autoriza a ampliación das instalacións de APAMP en Vigo

Foto noticia
O alcalde anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo concedeu autorización para que APAMP amplíe as súas instalacións, gañando case 320 metros cadrados cunha reforma que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-30. A Empresa Municipal de Vivenda asume a construción, rehabilitación e alugueiro de vivenda a prezo taxado

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo aprobará a semana que vén a constitución da Empresa Municipal de Vivenda, cuxa posta en marcha coincidirá coa construción de 227 vivendas de protección en Santa Cristina e Esturáns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-29. O Goberno de Vigo reclama á Xunta "profundas reformas" no PIA de Cantabria, Ramón Nieto e Santa Cristina

Foto noticia
Caballero explicou que o Concello enviará alegacións ao informe ambiental estratéxico do Proxecto de Interese Autonómico ao considerar que aumenta a edificabilidade e as alturas sen garantir dotacións, zonas verdes, accesibilidade nin conexións adecuadas co resto da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-19. O Concello adxudicará a construción de 27 vivendas protexidas entre Esturáns e Tomás Alonso

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo da próxima semana proporá a adxudicación do contrato que permitirá construír 27 vivendas na intersección de Esturáns con Tomás Alonso. O proxecto conta cun orzamento de 6,4 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-16. Urbanismo avanza no Plan do Ensanche que deseñará a cidade para os próximos 20 anos

Foto noticia
Vigo prosegue tramitando o Plan do Ensanche que servirá para deseñar a cidade dos vindeiros 20 anos. O documento, que acaba de de recibir validación medioambiental, aposta pola protección do patrimonio, a arquitectura contemporánea e a mellora do espazo público. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-12. Luz verde á expropiación dos terreos para o novo acceso ao Párroco Don Camilo

Foto noticia
Abel Caballero anuncia un investimento de 1,3 millóns de euros para mellorar a mobilidade na contorna do centro educativo e lamenta o atraso provocado pola imposibilidade de aplicar a Lei Vigo. "Estamos a falar de seguridade", manifestou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100