Xerencia Municipal de Urbanismo
De conformidade coa lexislación vixente, a competencia para a formulación do Documento de alcance do estudo ambiental estratéxico, do informe ambiental estratéxico ou da declaración ambiental estratéxica, dentro do procedemento de tramitación do planeamento urbanístico, non é do Concello de Vigo senon que residénciase no órgano ambiental (Secretaría xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio). Este mesmo órgano é o competente para a formulación, en materia de proxectos, da declaración de impacto ambiental ou do informe de impacto ambiental, segundo proceda. A consulta e seguimento destes trámites e documentos pode realizarse no seguinte enderezo electrónico:
Consonte ao artigo 18 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dentro do procedemento substantivo de adopción ou aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, o promotor (concello de Vigo) presentará ante o órgano substantivo (órgano da administración pública que ostenta as competencias para aprobar o plan), xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, acompañada do borrador do plan e dun documento inicial estratéxico.
Na actualidade estase a elaborar a antedita documentación que forma parte do expediente administrativo tramitado en cumprimento do acordo do Pleno do Concello de Vigo de data 18.12.2015 polo que se inicia o procedemento de revisión do PXOU-93, dada a situación xerada pola sentenza ditada o día 10.11.2015 polo Tribunal Supremo, no recurso de casación nº. 1658/2014 que declarou a nulidade das ordes ditadas pola Conselleira da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas en data 16.05.2008 e o Conselleiro de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en data 13.07.2009, aprobatorias do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo.
A avaliación ambiental de plans e programas, tamén coñecida como avaliación ambiental estratéxica, é un instrumento que permite integrar os aspectos ambientais na elaboración e aprobación de plans e programas públicos para acadar un elevado nivel de protección do medio e promover o desenvolvemento sostible.
Lexislacion de referenciaCon carácter xeral, deben ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica todos os plans e programas, así como as súas modificacións, que adopte ou aprobe unha administración pública e que ademais a súa elaboración e aprobación estea esixida por unha disposición legal ou regulamentaria ou por acordo do Consello da Xunta.
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, distingue dous tipos de avaliación ambiental estratéxica:
A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece tamén, con carácter sectorial, o planeamento urbanístico que debe ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica.
ProcedementosA información cartográfica deberase presentar nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) segundo as instrucións que se indican de seguido. Estas instrucións son un conxunto de especificacións técnicas coas que se pretende normalizar algúns aspectos da información, para axilizar a tramitación ambiental do plan e mellorar a súa análise territorial.
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, en relación co procedemento (ordinario ou simplificado) de avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, establece a obriga para o órgano ambiental de consultar ás administracións afectadas e ás persoas interesadas.
Co obxecto de favorecer a transparencia da tramitación e a participación cidadán, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia fai extensivas as consultas ao público en xeral.
O procedemento de avaliación do impacto ambiental de proxectos é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.
Lexislación de referenciaA Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, establece o réxime xurídico aplicable á avaliación de impacto ambiental de proxectos.
Ámbito de aplicaciónCon carácter xeral, o procedemento de avaliación do impacto ambiental aplícase a proxectos, tanto públicos como privados, que consisten en realizar obras, instalacións ou calquera outra actividade con efectos ambientais significativos.
A Lei 21/2013, do 9 de decembro, distingue dous procedementos de avaliación do impacto ambiental en función do tipo de proxectos de que se trate, que son a avaliación de impacto ambiental ordinaria e a avaliación de impacto ambiental simplificada.
DocumentosCando se realice o trámite de avaliación de impacto ambiental dentro do trámite de obtención da autorización ambiental integrada -en aplicación da lexislación IPPC-, o contido do estudo ambiental poderase integrar dentro da documentación requirida para este permiso como un único documento.
Estudo de impacto e integración paisaxísticaA entidade promotora dun proxecto que está sometido ao procedemento de avaliación do impacto ambiental ordinaria debe incorporar no estudo de impacto ambiental un estudo de impacto e integración paisaxística, consonte ao establecido na lexislación sectorial vixente.
Participación PúblicaA participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar ao ambiente e na decisión da súa viabilidade
As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular, no prazo máximo de 30 días, as observacións e suxestións de carácter ambiental que estimen oportunas.
Declaración ambientalConcello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100