Mobilidade: tráfico e transportes

Taxis

Tarifas máximas (IVE incluído), para o transporte urbano en taxi para Vigo

Paradas

Pode consultar as paradas de taxi na app oficial do Concello de Vigo

Centrais de radio

  • Central radio taxi: 986 470 000 / 986 470 033
  • Radio taxi Vigo: 986 252 700 / 986 272 829
  • Radio taxi solidario: 986 123 123

Asociacións

  • Sociedade cooperativa galega autotaxi e gran turismo de Vigo e provincia de Pontevedra: Avda. Atlántida, 16. Teléfono 986 296 957
  • Élite taxi Vigo: Avda. Castrelos, 113 - 2ºD. Teléfono 617 373 756.
Información dirixida a profesionais do taxi

Comunicación para coñecemento xeral das quendas de descanso, semanal e de aeroporto, que afectan ó servizo de taxi na cidade de Vigo:

Lista de trámites

Adscrición / Baixa de persoal asalariado (ou colaborador) nun vehículo taxi

O artigo 24 da Ordenanza municipal obriga a comunicar a adscrición dun condutor á licenza correspondente.

Solicitude / Autoliquidación de Certificado por Cambio de Vehículo Taxis

Mediante este trámite vostede poderá solicitar o certificado de cambio de vehículo.

Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Taxi

Solicitude de duplicado do permiso municipal de conducir ou das licenzas de taxi.

Solicitude / Autoliquidación de Obtención do Carné de Taxi (Permiso Municipal de Conductor)

Proba para obter o permiso municipal de conducir necesario para poder conducir un taxi no municipio de Vigo.

Solicitude / Autoliquidación de Revisión de Vehículos Taxis

A revisión dos vehículos taxi é necesaria no momento da concesión da licenza municipal de taxi e cando se faga un cambio de vehículo.

Solicitude de Licenza de Taxi

A prestación do servizo público de taxi da Cidade de Vigo estará suxeita á previa obtención de licenza municipal, que se outorgará de conformidade e cos requisitos esixidos na Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia e na Ordenanza Municipal reguladora do servizo de taxi na cidade de Vigo.

A convocatoria e outorgamento de licenzas polas entidades locales virá determinado pola necesidade e conveniencia do servizo a prestar ao público.

Transmisión da Licenza de Taxi por Falecemento do Titular

A Licenza Municipal de taxis poderá transmitirse por falecemento do titular, a favor dos seus herdeiros lexítimos, de non poder explotala licenza constituirán unha comunidade de herdeiros.

Transmisión da Licenza de Taxi por Xubilación ou Incapacidade Laboral do Titular

Por xubilación do titular ben forzosa ou voluntaria, ou por incapacidade laboral declarada polos tribunais ou organismos competentes que lle impidan o exercizo da profesión.

Transmisión da licenza de taxi por posesión superior a 2 anos

O titular da licenza de Taxi poderá transmitila cando a houbese ostentado durante 2 anos como mínimo.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100