Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio.
Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies
2022-05-13. O Concello consolida o talude do Pazo de San Roque actuando de forma subsidiaria
O alcalde avanzou que o Concello actuará sobre o talude que está apuntalado por risco de derrubamento entre a Avenida de Madrid e a rúa San Roque. Propiedade de Abanca, está prevista unha actuación municipal subsidiaria valorada en 109.403,49 euros dos que unha parte xa foi transferida pola entidade financeira ás arcas públicas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-05-10. Os túneles de Beiramar e Areal pecharán de madrugada por mor das obras
O peche será entre as 22:30 e as 5:30 da mañá os días 11 e 12 de maio con motivo da proba de fume. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-05-06. O Concello destina máis de 2,7 millóns de euros ao novo parque de Bombeiros en Esturáns
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación da contratación das obras do novo parque que albergará aos Bombeiros e Protección Civil nun edificio de case 2.000 metros cadrados, que permite a saída simultánea de ata tres vehículos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-04-28. O 8 Programa de medianeiras permitirá sumar 14 novos espazos de cor na rúa
Abel Caballero avanzou esta mañá 14 novos espazos de cor na rúas de Vigo, ao aprobarse o 8 Programa para pintado de medianeiras e outros elementos verticais sobre a vía pública. Este proxecto conta cun orzamento de 235.257 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-04-27. Aprobada a ordenanza dos vehículos de mobilidade persoal
O Pleno debateu a ordenanza reguladora dos VMP, "que garante o uso dos espazos públicos para toda a cidadanía, regulando o usos destes vehículos para toda a cidadanía e primando a seguridade viaria", defendeu Espinosa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-04-12. O Concello instala dous novos semáforos na rúa O Porriño
O Goberno local mellora a seguridade viaria e peonil nesta zona de Coia cun investimento de 39.861 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-04-07. O Concello pagará a suba do billete de Vitrasa aos usuarios da PassVigo
A Xunta de Goberno aprobou a revisión de tarifas do transporte de autobús urbano para 2022, que sube 5 céntimos. O Concello pagará a suba do billete aos usuarios da PassVigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-03-24. Vigo atendeu a pernocta de once refuxiados ucraínos en tránsito a Porto
Vinte dúas persoas procedentes de Ucraína arribaron este mércores a Vigo, das que a metade precisou aloxamento para pasar a noite antes de continuar a súa viaxe en tren ata a urbe portuguesa. Segundo indicou o alcalde, o Concello cooperou con aqueles que precisaron hotel, traslados e incluso cena, e en total dá acollida actualmente a 32 refuxiados. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-03-23. Caballero: "A miña oposición total a calquera redución dos salarios dos traballadores de Vitrasa"
O alcalde manifestou en rolda de prensa que "non hai ningunha circunstancia específica que xustifique o plan da empresa de reducir o salario aos traballadores e traballadoras". Incidiu en que a concesionaria ten que seguir traballando de acordo ao contrato e coas retribucións establecidas no convenio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2022-03-15. O Concello intercepta dous xabaríns na zona urbana da cidade
A Policía Local actuou na madrugada do martes acurralando aos animais no parque canino de García Picher, á espera do veterinario municipal que inxectou un tranquilizante para facilitar o seu traslado ao monte da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)