Mobilidade: tráfico e transportes
Coa finalidade de axilizar a circulación e diminuír a conflictividade do tráfico nas vías máis conxestionadas da nosa cidade, establécese que os vehículos con masa máxima autorizada superior a 10.000 Kg. que circulen polo término municipal de Vigo desde as 8:00 horas ás 22:00 horas, deberán facelo obrigatoriamente polas rutas establecidas no Anexo da Ordenanza municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas.
Non poderán circular fóra das rutas establecidas, durante o mencionado horario, sen estar provistos dunha autorización especial que deberá ser colocada no parabrisas dianteiro do vehículo, de forma ben visible.
1. Vixilancia, protección, ordenación e regulación do tráfico, estacionamento de vehículos e calquera outros que sexan motivados pola celebración de espectáculos, entretemento, e en xeral actos públicos que, pola súa natureza, pola aglomeración de público que os mesmos provoquen ou polas necesidades de ordenar o acceso e saída de público e vehículos así o esixan.
2. Calquera outros servizos especiais que sexan motivados por outras actividades que esixan a súa prestación. A estes efectos, entenderanse prestados, a instancia de parte, os referidos servizos cando estes fosen provocados polo particular ou redunden no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa.
1. Conducción, vixilancia e acompañamento de transportes pesados, grandes transportes e caravanas a través do casco urbano.
2. Calquera outros servizos especiais que sexan motivados por outras actividades que esixan a súa prestación. A estes efectos, entenderanse prestados, a instancia de parte, os referidos servizos cando estes fosen provocados polo particular ou redunden no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100