Policía Local
- Enderezo: Praza do Rei, 1.
- Email: policialocal@vigo.org
- Email só para trámites de oficina (contenedores, mudanzas, transportes especiais, tarxeta discapacitados, XER): ofi.policialocal@vigo.org
- Horario de oficina: Luns a venres de 6:30 a 14:30 horas.
- Teléfonos:
- Emerxencias: 092 / 986 810 101
- Oficina: 986 810 286
- Academia: 986 810 123
- Educación Vial: 986 810 314 - Móvil 648 188 706
- Gabinete de Atestados: 986 810 273
- Relacións Cidadás: 986 810 307
- Xefatura Balaídos: 986 233 002
Funcións
Segundo o Artigo 53 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, os corpos de policía local deberán exercer as seguintes funcións:
- Protexer ás autoridades das Corporacións Locais e vixilancia ou custodia dos seus edificios e instalacións.
- Ordenar, sinalizar e dirixir o tráfico no centro urbano, de acordo co establecido nas normas de circulación.
- Instruír atestados por accidentes de circulación dentro do centro urbano.
- Policía administrativa no relativo ás Ordenanzas, Bandos e demais disposicións municipais dentro do ámbito da súa competencia.
- Participar nas funcións de policía xudicial, na forma establecida no articulo 29.2 da Lei Orgánica 2/86.
- A prestación de auxilio nos casos de accidente, catástrofe ou calamidade pública, participando, na forma prevista nas Leis, na execución dos Plans de protección Civil.
- Efectuar dilixencias de prevención e cantas actuacións tendan a evitar a comisión de actos delituosos no marco de colaboración establecido nas Xuntas de Seguridade.
- Vixiar os espazos públicos e colaborar coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e coa Policía das Comunidades Autónomas na protección das manifestacións e o mantemento da orde en grandes concentracións humanas, cando sexan requiridos para iso.
- Cooperar na resolución de conflitos privados cando sexan requiridos para iso.
Servizos específicos
- E.V.A.P.
O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial creouse para a participación da Policía Local de Vigo en funcións de control e seguimento de "Órdenes de afastamento" ditadas polos órganos xudiciais para a protección das vítimas de violencia de xénero.
- Servizo de Costa e Praia.
O equipo de Seguridade Costa e Praia realiza o seu servizo nos nosos areais co obxectivo de prestar un servizo de calidade ao cidadán.