2023-11-29. O Paseo de Bouzas e as Galerías do Castro recoñecidas nos premios Gran de Area do COAG
Abel Caballero louvou estes recoñecementos por parte do Colexio de Arquitectos de Galicia ás obras "excepcionais e de éxito" que o goberno local desenvolveu ao longo de 2023. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-10-05. Nova edición da Batalla Mural e das Xornadas de Arte Urbano, o 21 de outubro
Dentro do X Programa de Murais artísticos nas medianeiras aprobado recentemente inclúese e organización das sextas Xornadas de Arte Urbano e a quinta Batalla Mural. A cita será o sábado 21 de outubro no Colexio de Arquitectos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-09-18. Abel Caballero destaca o éxito da rehabilitación das galerías do Castro cunha axenda sen entradas para setembro
O alcalde convida a toda a cidadanía viguesa a "apuntarse" ás visitas que organiza o Concello e que poden reservarse no teléfono 010 de información municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-09-14. O alcalde visita as rehabilitadas galerías subterráneas do Castro coas que se da outro paso para "recuperar a épica de Vigo"
Os túneles estarán abertos desde o vindeiro luns 14 de setembro, previa cita concertada a través do servizo 010 de atención cidadá. O Concello organizará visitas guiadas para a cidadanía, tanto para escolares como para grupos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-07-24. Comezan as visitas guiadas á Vila romana de Toralla
O Concello retoma este xoves 27 de xullo as recreacións históricas no xacemento arqueolóxico, que poderán realizarse nos meses de xullo e agosto e para as que non é necesaria a cita previa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-06-27. A Finca Solita volve combinar o patrimonio e a música
O 7 de xullo comeza a programación de sete concertos enmarcados no programa Curiosidades Solita. O patrimonio combínase coa actuación de grupos novos ou artistas con referencias diferenciadoras. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-06-26. O Concello ten rematados 11 novos murais do programa "Vigo, cidade de cor"
A novena edición do programa municipal para decorar murais continúa co pintado das tres obras restantes nas próximas semanas. Este martes, Javier Magalhaes inicia a súa actuación en Abeleira Menéndez. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-05-12. O Concello solicita fondos europeos para o Pazo de Castrelos
A Xunta de Goberno aprobou a participación do Concello no programa para a mellora da competitividade e de dinamización do patrimonio histórico de uso turístico enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, dotado cos fondos europeos Next Generation EU. As melloras do Pazo de Castrelos suporán un investimento de 1,5 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-05-11. O goberno de Vigo pon en servizo para uso público as galerías e fortaleza do Castro
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves o trámite que permitirá abrir o espazo para visitas cidadás desde o vindeiro luns, 15 de maio e ata o día 26. As persoas interesadas en coñecelo poden inscribirse no teléfono de información municipal 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2023-04-26. Caballero visita o Pazo de Castrelos no Día Europeo dos Xardíns Históricos
O 26 de abril celébrase o Día Europeo dos Xardíns Históricos. Con este motivo o Concello organiza visitas guiadas para coñecer os xardíns do Pazo de Castrelos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)