Inclúense neste apartado os bens mobles, inmobles e inmateriais máis sobranceiros do Concello de Vigo, con substantividade e relevancia de ámbito galego, en función do establecido polo art. 8.1 da Lei 8/1995.
Dentro desta protección, a maior prevista para un ben cultural segundo a devandita Lei 8/1995 e a Ley 16/1985, figuran:
- Fortalezas do Castro e S. Sebastián (Decreto do 22 de abril de 1949). Así mesmo protéxense os restos de castelos e torres aos que se refire o devandito decreto, sexa cal for o seu estado de conservación.
- Escudos e pedras heráldicas, así como os cruceiros de máis de cen (100) anos de antigüidade (Decreto 571/1963 do 14 de marzo).
- Hórreos e canastros de máis de cen (100) anos de antigüidade (Decreto 449/1973 do 22 de febreiro).
- Igrexa parroquial de Santiago de Bembrive (Resolución do 10 de marzo de 1980; BOE nº 94 do 18 de abril de 1980).
- Colexiata de Santa María (Decreto do 8 de febreiro de 1946; BOE nº 45 do 14 de febreiro de 1946).
- Soportais da Praza da Constitución (Decreto do 8 de febreiro de 1946; BOE nº 45 do 14 de febreiro de 1946).
- Rúa Real (Decreto do 8 de febreiro de 1946; BOE nº 45 do 14 de febreiro de 1946).
- Casa da Praza da Constitución esquina Triunfo (Decreto do 8 de febreiro de 1946; BOE nº 45 do 14 de febreiro de 1946).
- Casa no 4 da Praza de Almeida (Decreto do 8 de febreiro de 1946; BOE nº 45 do 14 de febreiro de 1946).
- Museo Municipal de Quiñones de León (Decreto 474/1962 do 1 de marzo; BOE do 9 de marzo de 1962 e DOG nº 101 do 29 de maio de 1991).
- Antiga estación do ferrocarril (Resolución do 6 de outubro de 1990 da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental; DOG nº 231 do 23 de novembro de 1990).
- Antigo Pazo de Xustiza de Cárcere (Resolución do 6 de outubro de 1990 da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental; DOG nº 231 do 23 de novembro de 1990).
- O Pazo de Castrelos e os seus xardíns teñen tamén a consideración de BIC (BOE 24/03/55).
- O Pazo da Pastora e os seus xardíns teñen tamén a consideración de BIC (BOE 24/03/55).
- O xardín do Parque de Castrelos ten tamén a consideración de BIC na categoría de Xardín Histórico en base á resolución de maio de 1991 da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Xunta de Galicia.
- Ademais teñen consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) as covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre en base ao fixado polo art. 40.2 da Ley 16/1985 do Patrimonio Histórico Español de 25 de xuño. Xa que logo a consideración de BIC abrangue a todos os gravados rupestres en función da súa declaración como Monumentos Histórico-Artísticos polo decreto 3471/1974 de 20 de decembro. Contan con declaración expresa de BIC os seguintes petroglifos:
- Devesa do Fragoselo (Coruxo); GA36057059.
- Petroglifo de Gondosende / Pedra das Augas; (Teis) GA36057002.
- Petroglifo do Outeiro do Castro ou de San Lourenzo; (Coruxo); GA36057048.